O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O obxectivo do curso é proporcionar aos asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección e autodefensa, mellorando a súa seguridade persoal e dotándoos dos coñecementos básicos necesarios para que poidan evitar situacións de violencia. Trátase de ensinarlles técnicas e estratexias para que poidan reducir ao agresor e fuxir en caso de ataque.
A formación en defensa persoal axuda ás persoas a desenvolver máis confianza en si mesmas e a súa contorna, e implementar estratexias de prevención e detección de situacións de perigo, xa que estes cursos permiten integrar na vida diaria hábitos de seguridade persoal e promoven a confianza e a autoestima para poder superar situacións de risco.
O curso será impartido os días 28 de novembro, 12 de decembro e 18 de decembro en horario de 18.30 h a 20.30 horas.
Programa desenvolto polo técnico titulado con anos de experiencia en deportes de combate e actividades físicas no medio natural, Juan Francisco Vázquez López.
A partir de 16 anos en adiante.