O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Recreando as técnicas dos pintores románicos
A igrexa de San Miguel de Rarís converterase nun espazo de inspiración e creación para descubrir unha das técnicas pictóricas máis antigas: o temple ao ovo.
Da man de Elsa Bouzas, da escola de pintura Arrebol, coñeceremos como os artistas románicos empregaban a xema de ovo como aglutinante para mesturar os pigmentos e conseguir cores intensas e resistentes ao paso do tempo.
Achegarémonos aos materiais que utilizaban, ao proceso de preparación das mesturas e ás características visuais desta técnica.
Na parte práctica do obradoiro, cada participante experimentará co temple ao ovo e elaborará a súa propia composición inspirada na pintura románica, empregando cores planas, contornos definidos e formas simbólicas características desta arte.
Unha experiencia para observar, aprender e crear, conectando co patrimonio románico de Teo a través da pintura.
Dirixida a: Todos os públicos
Duración: 2 horas e 30 minutos
Imparte: Elsa Bouzas, da Escola de pintura Arrebol