Convites para a Tanxuverbena

Tanxuverbena

Teo reparte 100 convites para a gravación da Tanxuverbena que se vai realizar este xoves 28 de abril na Área Fluvial Recreativa da Praíña, na Estrada. Esta actividade está organizada pola TVG e o Concello é colaborador pero non ten intervención directa no desenvolvemento da mesma. 

A reserva dos convites farase a través do formulario en liña neste espazo web. 

A reserva dos convites abrirase o mércores 27 ás 09:00 horas da mañá en teo.gal e cada persoa poderá reservar só dous convites. 

IMPORTANTE: os convites son só para persoas empadroadas en Teo.

As persoas que fagan a reserva en liña poderán recoller o convite físico o xoves 28 no departamento de Cultura, no Auditorio Muncipal Constante Liste, ata as 16:00 horas.

Se non se recolle algún dos convites a partir das 16:00 horas chamarase a persoas da listaxe de agarda.  

Dende o Concello destácase que se trata dunha programa de televisión gravado, de xeito que as persoas asistentes ceden os seus dereitos de imaxe. A hora de entrada ao recinto farase dende as 19:30 ás 20:30 horas.  A gravación rematará sobre as 01:30 horas. 

Este programa emitirase dentro da programación especial da TVG polo Día das Letras Galegas, o 17 de maio. A Tanxuverbena terá como protagonistas de excepción ás Tanxugueiras mais no mesmo haberá outros artistas. 

Data e hora
Localización
Área Fluvial Recreativa da Praíña

Actividades relacionadas