Contacontos para bebés: A formiga na barriga de Charo Pita

Charo Pita na Biblioteca do Grilo

A formiga na barriga. O cempés, alá nos pés. A tartaruga, na caluga. E a perdiz, pois... no nariz. Rimas, historias, xogos e cancións con vitamina I de imaxinativas para ir coñecendo o corpo e toda a fauna que nos arrodea da man de Charo Pita.

Será na Biblioteca do Grilo-Cacheiras, ás 18:00 h.

Participantes: De 0 a 3 anos

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito impulsado polas Bibliotecas de Teo e financiado pola Xunta de Galicia

Data e hora
Localización
Biblioteca do Grilo-Cacheiras
Prazas dispoñibles
2
Prazas por persoa
4

Actividades relacionadas