O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

CONCERTO HABLÓ PABLO

Data e hora

Localización
Praza Cultural do San Martiño
Como chegar

Despois de ser recoñecido coma "Mellor Artista Rap Independente Español" polos "Premios Hip Hop" co seu anterior seudónimo (Anubis Metal Jack), o artista galego HABLÓ PABLO comeza unha nova etapa co lanzamento dun proxecto musical innovador, no que combina o rap coa poesía slam. 

Habló Pablo é elegancia, modernidade e identidade galega o servizo da súa enérxica posta en escea onde combina cancións enérxicas e distendidas, con momentos de introspección emocional, o que convirten o seu show nun espectáculo cheo de dinamismo, apto para todo tipo de público. 

Habló Pablo actuará este sábado 8 de novembro na Praza Cultural do San Martiño ás 22:00 horas e contará coa colaboración especial do grupo As Lembranzas.

A entrada será de balde ata completar aforo.

 

hablo pablo

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego