
Pakolas volve a Teo para interpretar en directo unha selección dos seus propios temas, revisados e rigorosamente escollidos para a ocasión, nos que as protagonistas son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.
Coa súa guitarra e a súa voz ao vivo, completando con bases gravadas de baixo e batería, e co seu estilo rockeiro tan inconfundible, Pakolas fará gozar por igual a maiores e pequenas/os, coas súas músicas e a súa forza creativa.
Sábado 25 de marzo ás 18:00 horas no Auditorio Constante Liste.
Data e hora
Localización
Auditorio Constante Liste
Ubicación
Prazas dispoñibles
0
Prazas por persoa
5