O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Concerto de Mondra

Data e hora

Localización
Explanada Casa Común de Oza

O vindeiro sábado, 27 de xuño, o cantante teense Mondra actuará en Teo, presentando o seu segundo álbum "De Ronda". 

Esta cita musical celebrarase con motivo dos actos programados polo Concello polo Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, que se conmemora cada 28 de xuño. 

Martín Mondragón, coñecido artisticamente como Mondra, debutou en 2023 co seu primeiro álbum debut “Arden”, co que obtivo o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024 e o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por “Marimondra”. En maio de 2025 lanzou o seu segundo traballo, De Ronda, que combina voces, sintetizadores e percusión tradicional nunha posta en escena visual e sofisticada. 

 

Data: sábado, 27 de xuño de 2026.

Hora: 22.00 horas

Lugar: explanada da Casa Común de Oza (Ribas)

Entrada: de balde
 

cartel

Outros eventos por vir