O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Circus Magníficus. O máis difícil todavía

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

O Grande Marino, artista con notoria experiencia, tentará facer as delicias de grandes e pequenos a través das súas incribles destrezas circenses: malabares, equilibrismo, acrobacias…doma? Todo isto nun espectáculo único e irrepetible “O máis difícil todavía”.

Pola súa banda, Samuino, o inseparable compañeiro do Grande Marino, tentará axudar ao seu Mestre…aínda que, iso si, facendo unha interpretación das leccións aprendidas ao seu xeito, é dicir, desastrosamente.

“O máis difícil todavía” é un espectáculo clásico para tódalas idades, é unha combinación de teatro, acrobacias, malabares, clown e moitas….moitas risas. Non o podedes perder!

O sábado 28 de xaneiro esperámosvos ás 18:00 horas no Auditorio Constante Liste. Podes facer a reserva neste mesmo espazo.

A inscrición abrirá o venres 13 de xaneiro ás 10:00 horas.

Observacións
Se non podedes asistir agradeceríamos que o comunicárades no enderezo electrónico entradascultura@teo.gal
circus magnificus

Outros eventos por vir