O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
CANCELADA
Por mor das condicións meteorolóxicas previstas para este día e dada a necesidade dun ceo despexado para esta actividade, desde o concello vémonos na necesidade de cancelala. Próximamente abrirase o prazo de inscrición para a sesión do mes de agosto.
O Departamento de Cultura programa novas sesións de Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico para os meses de xullo e agosto.
O xoves 16 de xullo realizarase a primeira saída ás 22:30 horas.
Partiremos da Carballeira da Igrexa de Luou para dirixirnos ao Petroglifo da Pena Bicuda e desde alí descubrir a Astronomía Cultural no noso territorio.
A actividade ten unha duración aproximada de 3 horas e é recomendable levar roupa axeitada e algo para sentar ou pousar no chán
IMPORTANTE: No apartado Observacións é necesario que indiquen o nome completo, DNI, data de nacemento e procedencia de tódolos asistentes.
ACTIVIDADE SUXEITAS ÁS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS.