O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

CALMA E SABOR EN TEO

Data e hora

Localización
Área recreativa de Mouromorto, Lugar Casal, Calo, Teo
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
4

Un encontro entre natureza, benestar e sabores da terra

Déixate envolver pola tranquilidade dunha tarde de verán nunha experiencia que combina paseo, conexión coa natureza e degustación de produtos locais.

Partiremos da Área Recreativa de Mouromorto para realizar unha agradable camiñada duns 15 minutos ata a finca de arandos de Teoberries, situada no lugar da Xesta.

Unha vez alí, coñeceremos de primeira man este singular cultivo acompañados polo seu propietario, que nos descubrirá os segredos do proceso de produción e o coidado que require cada arando ata chegar á nosa mesa.

Coa natureza como escenario, gozaremos despois dun espazo dedicado ao benestar a través de dinámicas suaves de relaxación, respiración e movemento consciente, aproveitando a luz e a calma das últimas horas do día.

De regreso ao punto de partida, a experiencia rematará cunha degustación de arandos frescos e diferentes elaboracións artesás, como marmeladas e deliciosas madalenas.

Duración: aproximadamente 2 horas.
Idade recomendada: a partir de 12 anos.
Participación gratuíta con reserva previa
 

Observacións
✨ Recoméndase traer esterilla para a actividade de relaxación.

Esta actuación conta co finaciamento da @xuntagalicia e a @turismodegalicia, está encaixada dentro do marco do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Terras de Compostela para a execución de actividades de promoción do turismo no Xeodestino Terras de Santiago. coa colaboración do Concello de Teo e executado por Latexos de Turismo
Listaxe de agarda
GDR

Outros eventos por vir