O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

¡APRAZADA! Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico no mes de setembro.

Data e hora

Localización
Carballeira da Igrexa de Luou
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

POR MOR DAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ESTA ACTIVIDADE QUEDA APRAZADA. A NOVA DATA ESTÁ PENDENTE DE CONFIRMACIÓN.

O Departamento de Cultura, coa colaboración do Colectivo A Rula, programa novas sesións de Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico para os meses de xullo, agosto e setembro.

O venres 6 de setembro realizarase a última saída ás 21:30 horas.

Partiremos da Carballeira da Igrexa de Luou para dirixirnos ao Petroglifo da Pena Bicuda e desde alí descubrir a Astronomía Cultural no noso territorio.

A actividade ten unha duración aproximada de 3 horas e é recomendable levar roupa axeitada e algo para sentar ou pousar no chán

IMPORTANTE: No apartado Observacións é necesario que indiquen o nome completo, DNI, data de nacemento e procedencia de tódolos asistentes. En caso de non poder asistir agradecemos que o comuniquen.

 

APRAZADA

Outros eventos por vir