O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Inscrición pechada
“CON NOME PROPIO” é un proxecto encaixado no municipio de Teo, destinado a continuar co programa de andainas levado a cabo nos anos anteriores. Este proxecto ten como finalidade dotar ás mulleres da zona dun espazo seguro e propio no cal poder tecer rede entre sí e adquirir coñecementos e ferramentas arredor da igualdade e do empoderamento feminino.
O mes de abril estará adicado a profundizar na ideade “coidados” como eixe transversal da sociedade.Estes son, en gran parte, adicados ás persoas quenos rodean e poucas veces a nos mesmas. Por medio de dúas andainas, poñeranse en práctica dinámicas de autocoidado buscando a mellora das bases (autocoñecemento e autoestima). Proposta de nome propio: Chis Oliveira
A primeira das andaindas do proxecto "Con nome propio", terá lugar o 13 de abril. En esta, ao igual que nas posteriores, descubriremos a unha muller referente en Galicia e afondaremos en temáticas. O 13 de abril, camiñaremos pola zona de Montouto, onde nos centraremos no autocoidado como base do benestar persoal. A través do percorrido, realizaremos dinámicas de reflexión sobre o autocoñecemento e a autoestima, favorecendo a conexión co propio corpo e co entorno. Será unha oportunidade para tomar conciencia da importancia de dedicarnos tempo a nós mesmas e cultivar hábitos saudables tanto físicos como emocionais.
Animádevos!!!