O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Andainas elas: "Referentes"

Data e hora

Localización
Urbanización os Verxeles
Como chegar

Prazas dispoñibles
15
Inscribirse

Prazas por persoa
4

O domingo 16 de abril continuamos coas andainas para mulleres organizadas polo centro de información de Teo (CIM). Nesta ocasión ao mesmo tempo que percorremos unha parte moi bonita da parroquia teense de Oza, descobreremos mulleres galegas relevantes en diferentes eidos,para visibilizar que as mulleres podemos ocupar diferentes espazos aínda que estes estean masculinizados. E por outra banda, visibilizar tamén a traba que supón en moitas ocasións a falta de conciliación que recae na muller e afecta directamente na súa profesión e no seu ocio persoal. Por esta razón, nas andainas imos a poñer servizo de conciliación para as crianzas e será na casa común de Oza. Haberá solicitar este servizo mandando mail a cim@teo.gal

 

Observacións
Se precisas servizo de canguraxe manda mail a cim@teo.gal indicando o nome e as idades das crianzas. Para andaina roupa cómoda, auga e se fai sol, o que precises para protexerte.
Inscribirse
andaina

Outros eventos por vir