O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

ANDAINA: ESPAZOS EN FEMININO

Data e hora

Localización
Capela de Cornide
Como chegar

Prazas dispoñibles
23
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Os espazos públicos non se viven igual por todas as persoas.
Dende pequenas aprendemos —a través da socialización de xénero— a ocupar o espazo con máis ou menos liberdade, a estar alerta, a evitar certos lugares ou a adaptar os nosos percorridos.

 

Nesta andaina imos reflexionar sobre como o xénero condiciona a nosa mobilidade, a percepción de seguridade e a maneira na que habitamos o territorio.

Un espazo para camiñar, compartir e facer visibles as nosas vivencias no espazo público.

📅 Xoves 26 de marzo
⏰ 10.30 – 12.30h
📍 Saída: Capela de Cornide

👶 Teremos servizo de canguraxe dispoñible, para facilitar a participación das mulleres que o precisen. Recordade solicitalo na vosa inscrición!

Porque o territorio non é neutro… e as nosas voces tamén o transforman.

#VocesQueCamiñan #EspazosEnFeminino #MulleresETerritorio #Andainas2026 #Igualdade

Observacións
Se precisades servizo de canguraxe facede a solicitude no correo cim@teo.gal
Inscribirse
Andaina

Outros eventos por vir