O servizo de atención á factura eléctrica desta semana trasládase ao xoves, 7 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas
O servizo de atención á factura eléctrica desta semana trasládase ao xoves, 7 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas
A segunda das andainas que vos propoñemos dende o programa Elas discorrerá pola zona de Recesende. Dende alí, e a través de 5 km, compartiremos experiencias que nos identifican e nos fan únicas e descubrirémonos en experiencias alleas. Durante dúas horas, poderemos desconectar para reconectar cunha mesma e coa nosa fermosa contorna, coñecéndonos quizais, un chisco máis.
O CIM programa andainas dirixidas a mulleres maiores de idade o primeiro e o terceiro sábado de cada mes, dende outubro ata maio.