O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

ACTIVIDADES DO CIM

Data e hora

Localización
Concello de Teo

Durante o mes de febreiro se van a levar a cabo as seguintes actividades:

Mércores 11 Día da muller e a nena na ciencia. Espectáculo familiar “Lúa quere viaxar a Marte” da Xanela do maxín. No Auditorio Municipal ás 18,30h. Tras percorrer o mundo, Lúa mira as estrelas co seu soño máis ambicioso: chegar a Marte, inspirada polas pioneiras da astronáutica e a ciencia. Unha emotiva historia sobre resiliencia, vocación científica e a loita pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Para crianzas a partir dos 3 anos, cunha duración de 45 minutos.

Xoves 12, 19, e 26 de febreiro e 5 de marzo: Obradoiro para mulleres “Bordando o pasado”. Obradoiro de 2 horas cada sesión no que se mesturan técnicas de bordado coa intervención manual de fotografías e postais antigas. Aprenderemos diversos puntos de bordado (punto liña, nó francés, punto de cruz…), que se aplicarán despois sobre as fotografías antigas a modo de ferramenta de resignificación e creación.   Na casa común de Oza de 17h a 19h. 

Venres 20/2: Cata de queixos DOP e productos de artesanía alimentaria. Para mulleres. Con Salomé Beiroa ás 18h. Na casa común de Rarís. Inscrición en teo.gal a partir do 13 de febreiro. 

Xoves 26/2 Andaina: “a carga invisible”. De 10,30h a 12,30h

Todas as actividades son de balde e nas que sexa preciso, haberá un servizo de canguraxe cando haxa polo menos 4 solicitudes

Inscricións e info en teo.gal 

actividades

Outros eventos por vir