O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

2 ilusionistas cunhas maxias subersivas, no Parque dos Tilos

Data e hora

Localización
Parque dos Tilos (praza circular)
Como chegar

Un par de ilusionistas (Martín Camiña e Maga Fani) , con moito aquel, achegan unha escolma de actos desaxeitados con mollo de risadas. Un espectáculo que non hai por onde collelo, xa que logo, non posúe angas por ningures, unha peza escénica, asimétrica e inadaptada para estes tempos, xunto de risadas e diversións anómalas, nunha nova antoloxía de enguedellos. 

Esta actividade realízase en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e o seu programa Cultura no Camiño 2026

  • Praza Circular do Parque dos tilos
  • Horario: 12:00 h
  • Público familiar (dende 5 anos)
  • Entrada de balde ata completar aforo
Cultura no Camiño. 2 ilusionistas cunhas maxias subersivas, no Parque dos Tilos

Outros eventos por vir