O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo celebra o 180 aniversario da Batalla de Cacheiras cunha proposta única que convida á veciñanza a formar parte da historia.
A actividade comeza cun desfile popular desde o Monumento a Ánxel Casal ata o Alto de Montouto, no que persoas de todas as idades acompañarán ás tropas nun percorrido simbólico cara ao campo de batalla, convertendo o espazo público nun escenario vivo.
No cumio de Montouto, a memoria cobra vida cunha recreación histórica ao aire libre que revive os acontecementos de 1846, combinando palabra, música e movemento nunha experiencia colectiva e emocionante. A dirección escénica e a narración corren a cargo do actor, historiador Suso Martínez, que conducirá o público a través dun relato cheo de significado para a historia de Galicia.
O evento conta coa participación da Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro de Carral, a Aula de Teatro do IES Cacheiras, a Asociación Cultural Entroido de Cacheiras, a Banda de Música da SR de Calo, así como doutras asociacións e persoas que se suman a esta celebración compartida.
Unha oportunidade para sentir, lembrar e vivir a historia en comunidade.
| Attachment | Size |
|---|---|
| COMO VIR CARACTERIZADO-A.pdf | 67.9 KB |