O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O 15 de novembro remata o prazo para solicitar as axudas de ensino e transporte deste curso

| compartir:

As bolsas de ensino e transporte para este curso escolar publicáronse no BOP do venres 14 de outubro. Dende o día da publicación contará o prazo de 20 días ábiles para presentar as solicitudes de axuda.

As bases completas, así como o formulario, poderanse consultar no apartado de Convocatorias da web teo.gal ou premendo aquí

A bolsas están destinadas a axudar cos gastos de material escolar, instrumentos solicitados polos centros, libro de texto e contidos dixitais. O orzamento que se destina a esa convocatoria é de 35.000 euros. As axudas de ensino cobren dende a educación infantil ata a universitaria. En canto á bolsa de transporte poden solicitala alumnado matriculado en centros fóra da área metropolitana de Santiago nunha contía de ata 200 euros.

As rendas per cápita superiores a 7.500 € non terán dereito a axuda de ensino, nin de transporte. As solicitudes xunto coa documentación requirida para pedir as bolsas deben entregarse por rexistro no prazo habilitado, ben por Sede electrónica ou nun rexistro físico no prazo establecido nas bases.

O prazo para solicitar estas axudas ao ensino comeza o luns 17 de outubro e remata o martes 15 de novembro.

María López, concelleira de Educación, destaca a importancia destas bolsas que "supoñen unha importante axuda a familias que o precisan e un apoio á ensinanza pública".

Cuantías

As axudas cubren dende a educación infantil ata a universitaria. As cuantías que se poden solicitar para ensino en cada ciclo son as seguintes:

• Educación infantil: 100 euros.

• 1º a 6º de primaria, 1º, 2º, 3º, 4º da ESO, PCPI ou outras modalidades da ESO: 100 euros.

• Alumnado con necesidades educativas especiais: 150 euros.

• Bacharelato ou FP: 150 euros.

• Universidades, ensinanzas artísticas superiores: 200 euros.

Consulta a convocatoria completa premendo aquí.

 

 

libretas

Arquivos descargables