O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Axudas para o ensino e transporte do Concello 2022/23

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

PROPOSTA DE CONCESIÓN DE AXUDAS DE ENSINO E TRANSPORTE

Publícase a proposta de concesión de axudas para o ensino e o transporte do curso escolar 2022/23. 

Consulta aquí a resolución de concesión. 

Publicado en teo.gal o 17 de abril de 2023. 

PRAZO DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DE SOLICITUDES DAS AXUDAS DE ENSINO E TRANSPORTE ESCOLAR 2022-2023 

Publícase a listaxe de solicitudes de axudas de ensino e transporte que precisan emendar documentación. 

Consulta aquí a listaxe completa para ver se a túa solicitude é algunha das que debe completar a documentación achegada. 

Examinadas as solicitudes presentadas pola comisión avaliadora de acordo co previsto nas bases da convocatoria publicada no B.O.P. N.º 195 de data 14 de outubro de 2022 e vista a base oitava, ábrese un prazo de 10 día hábiles, que abarcará dende o día 11/01/2023 ao 24/01/2023, ambos inclusive, para que os representantes legais do alumnado (pais, nais ou titores) ou ben o alumnado solicitante maior de 18 anos, emenden ou acheguen a documentación sinalada na táboa que podes consultar premendo aquí.

Así mesmo, advírtese de que se non presentan a documentación no prazo mencionado, considerarase que desisten da súa petición, de conformidade co que dispón o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Publicado en teo.gal o 10 de xaneiro de 2023. 

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE TEO 2022/23

Publícanse as bases da convocatoria de axudas para o ensino e transporte do Concello de Teo 2022/2023 no Boletín Oficial da Provincia nº 195 do venres 14 de outubro

Consulta aquí as bases da convocatoria. 

Obxecto da convocatoria.

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Teo para a concesión de bolsas de estudo para os gastos de material escolar, ( poden incluirse como material escolar, instrumentos musicais solicitados polos centros ), libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos. 

Destinatarios/as.

Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, A Igrexa-Calo e CRA de Teo); ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña e alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de ESO que non exista nos centros anteriores; FP OU PCPI: calquera centro público; BACHARELATO: IES de Cacheiras , IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores; UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega; ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: Calquera centro galego; O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de ensino de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello. 

Contía das bolsas.

O Concello de Teo aboará as bolsas aos beneficiarios que reúnan todos os requisitos previstos na base segunda e presenten a súa solicitude dentro do prazo establecido na convocatoria xunto coa documentación requirida na base terceira.

Os importes máximos das axudas de ensino, por alumno/a e curso serán os que se reflicten na táboa seguinte:

  • EDUCACIÓN INFANTIL 100 €
  • 1º A 6º DE PRIMARIA,1º, 2º, 3º E 4º DA E.S.O, PCPI, e outras modalidades de ESO 100 €
  • ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS 150 €
  • BACHARELATO, F.P. 150€
  • UNIVERSIDADE, ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES 200€

Os importes das axudas de transporte, por alumno e curso determinaranse en función da situación do centro educativo, tal e como se indica a continuacióin:

  • Centros situados fóra da área metropolitana de Santiago 200 €

Solicitudes.

As solicitudes para a concesión destas axudas formalizaranse no impreso normalizado que se inclúe como Anexo I e poderá así mesmo obterse nas oficinas xerais (Rexistro de Entrada) do Concello de Teo ou ben premendo aquí

Prazo de presentación de solicitudes. 

A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (dispoñible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. O prazo vai do 17 de outubro ao 15 de novembro. 

Publicado en teo.gal o 14 de outubro de 2022.