O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Abre a inscrición para o servizo de madrugadores e a conciliación de tarde

| compartir:

O Departamento de Benestar abre a inscrición nos programas de conciliación que se ofertan nos colexios: o servizo Teo madruga e o Teo coida que atende polas tardes.

O servizo Teo madruga ofértase nos tres CEIPs, Calo, Os Tilos e A Ramallosa, en horario de 07:30 horas ata o comezo das clases, todos os días do período lectivo. Neste servizo hai dúas modalidades de usuario/a: Fixo que é aquel que se matricula para todo o curso, independentemente de que non use o servizo todos os días da semana e Ocasional que é aquel que o utiliza en días soltos, sempre que existan vacantes.

A ficha de inscrición e a información sobre o programa pódese consultar premendo aquí. A solicitude, xunto coa documentación que debe acompañala hai que entregala por rexistro, ben nas oficinas do Concello ou por Sede electrónica.

O custe do servizo para usuarios fixos é de 40 euros ao mes só gardaría e 50 se inclúe o almorzo. Os usuarios ocasionais terían que aboar 4 euros por día polo servizo con almorzo e 3,5 euros polo servizo de gardaría. Existen exencións e bonificacións a estes prezos que se poden consultar na web ou no Servizo de Benestar municipal.

Consulta aquí a convocatoria do Teo madruga

Conciliación de tarde

Este ano tamén arranca a conciliación de tarde. Ignacio Iglesias, responsable de Benestar, destaca “a necesidade de ampliar o servizo que se oferta nos períodos de vacacións escolares co Diverteo”. “Dende o Concello facemos un esforzo para atender unha demanda crecente das familias e neste ano a conciliación de tarde, o Teo coida, funcionará nos colexios de Calo e Os Tilos”.

No colexio dos Tilos ofértase o Teo coida 1 en horario de 14:00 a 15:15 horas pensado para alumnado que non ten praza no comedor escolar.

Pola súa banda o Teo coida 2 funcionará nos Tilos e en Calo dende o remate do comedor ata as 18:00 horas. Ambos programas funcionarán todos os días do período lectivo e os usuarios poderán ser fixos ou ocasionais segundo a dispoñibilidade de vacantes. A inscrición pódese realizar dende finais de agosto. O custe do Teo coida é de 40 euros ao mes, habendo coma no caso dos madrugadores bonificacións e exencións.

Consulta aquí a convocatoria do Teo coida 1 e Teo coida 2

As bonificacións pódense consultar no BOP n.º 213 do 14/12/2020 e no BOP n.º 45 do 09/03/2021.

Pódese solicitar máis información sobre estes programas no CIM (981.938.475), nos Servizos Sociais (881.819.356).