Teo Madruga 2021/2022

Data presentación

INSCRICIÓN 

Abre a inscrición no Teo Madruga, o servizo de concilliación nos CEIPs de Calo, os Tilos e A Ramallosa en horario de 07:30 ata o comezo das clases en cada centro. 

Dirixido a: alumnado dos CEIP do Concello, con prioridade para as familias empadroadas en Teo.

Lugar: nos colexios de Calo, da Ramallosa e dos Tilos.

Horario: de 07:30 horas ata o comezo das clases, todos os días do período lectivo.

Inscrición: a partir do 30 de agosto.

Tipos de usuarios/as:

  • Fixo: aquel/a usuario/a que se matricule e utilice o servizo de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos. Estes usuarios/as poderán escoller as seguintes frecuencias de utilización do servizo: 1 día por semana; 2 días por semana; 3 días por semana; 4 días por semana ou 5 días por semana.  Os usuarios/as fixos poderán solicitar unha utilización do servizo distinta das establecidas, sempre que o soliciten por escrito motivado.
  • Ocasional: aquel/a usuario/a que, habendo praza, desexe utilizar o servizo en días soltos de forma ocasional.

Documentación obrigatoria:

  • Folla de inscrición. 
  • Foto tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Declaración responsable para a participación nos programas de conciliación 2021-2022.

Opcional:

  • Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada (de ser o caso)
  • Documentación xurídica suficiente para demostrar a retirada da garda e custodia a algún dos proxenitores (de ser o caso).
  • Título de familia numerosa (de ser o caso).
  • Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
  • Xustificación do acollemento (de ser o caso).
  • Declaracións da renda do exercicio 2020 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais (no caso de ter dereito a bonificación).
  • Impreso de domiciliación.

Podes consultar toda a informaicón sobre o programa, como os custes do servizo e as bonificacións premendo aquí

Descarga aquí a ficha de inscrición

Descargar aquí a declaración covid 

Descarga aquí a solicitude de domiciliación

MÁIS INFORMACIÓN

  • CIM: 981 938475 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00).
  • Servizos Sociais: 881819356 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00).
  • BOP núm. 213 do 14 de decembro de 2020 e BOP núm.45 do 9 de marzo de 2021.