O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Convócase o pleno ordinario de xullo ao que chegan as reivindicacións do colexio de Calo

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 28 de xullo en sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Na sesión debateranse dúas mocións na defensa das reivindicacións da Anpa do colexio de Calo que defende o mantemento das tres liñas en 4º de primaria para o curso 2021/22. Un dos textos é conxunto, asinado polas catro forzas políticas: BNG; PP, PSdG-PSOE e SondeTeo e outra moción é do Bloque Nacionalista Galego. Nas dúas se reclama o mantemento da calidade educativa e se pide que a Xunta dea marcha atrás na súa decisión de reducir unha das liñas en 4º de primaria no CEIP de Calo. 

Neste sentido, dende o Concello, tense solicitada unha xuntanza institucional co Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, para tratar este asunto e que polo momento non foi atendida. 

Orde do día completa: 

  1. Dación de contas das resolucións da alcaldía (da 738/21 á 854/21)
  2. Ditame da proposta da alcaldía de festivos locais 2022. 
  3. Ditame da moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego sobre as reivindicacións da comunidade educativa polo mantemento de todas as liñas de primaria no CEIP de Calo. 
  4. Moción conxunta de apoio ás reivindicacións da Anpa de Calo. 
  5. Mocións. 
  6. Rogos e preguntas. 

Podes ver o pleno premendo aquí