Recursos municipais lúdicos durante o estado de alarma

coronavirus

Recursos municipais lúdicos durante o estado de alarma

Travesía da Ramallosa

981.815.700

Lucí

Dende o Concello queremos achegarvos recursos para que o tempo de confinamento mentras dure o estado de alarma sexa máis levadeiro. Neste espazo da web municipal iremos engadindo ideas e iniciativas dos distintos departamentos municipais, sempre dende un punto de vista lúdico.

Lembrade que a información de servizo e relevante sobre o estado de alarma no que respecta aos servizos municipais podedes seguir atopándoa nas novas da web.

1.- Celebramos o Día mundial do teatro co grupo municipal de teatro e coa obra Hotel Ramallosa

Dende a Concellaría de Cultura e Educación celebran o Día mundial do teatro dende a casa. E fano coa colaboración do Grupo Municipal de Teatro das Escolas Culturais poñendo a disposición da cidadanía o visionado da obra Hotel Ramallosa que se representou no Mes do teatro do ano 2017 e que podes ver premendo aquí. Con esta peza seguen a percorrer as parroquias de Teo e concellos limítrofes. Hoxe mesmo tiñan unha función no Festival de teatro Teatrofilia en Vedra que se tivo que anular. 

Desta xeito dende Cultura quérese colaborar coas persoas que estades na casa para encher as horas de confinamento e animando tamén a seguir desfrutando da cultura. Así mesmo tamén se pon en valor nun día coma hoxe, 27 de marzo, ao Grupo Municipal de Teatro do noso Concello  que levan traballando anos arreo  e poñendo encima  do escenario obras ben xeitosas para o público teense.

Animámosvos a desfrutar da cultura de Teo dende a casa. Neste caso de teatro feito en Teo do que podedes gozar os que non vistes a obra en directo e as persoas que xa a viron lembrar un grato momento. Queremos que esta celebración sirva para lembrar que se quedamos na casa todos e todas dentro de pouco atoparémonos de novo no teatro. O grupo Municipal de Teatro segue traballando arreo e con ilusión dende as súas casas con máis ganas que nunca de subirse a un escenario.

Podes ver a obra Hotel Ramallosa premendo aquí 

#teatronacasa #díamundialdoteatro #teatroteense


2.- BeOne oferta clases virtuais de ximnasia

Dende o Departamento de Deportes, a xestora da piscina municipal da Ramasllosa o Grupo Serviocio BeOne, puxo ao alcance de todos os usuarios da instalación deportiva unha aplicación para que poidan seguir mantendo a súa actividade física mentres que dure o confinamento. Na aplicación os usuarios teñen acceso a máis de 300 clases virtuais que se poden realizar desde as súas casas e á hora que eles estimen oportuna.

O Grupo Serviocio BeOne quere abrir esta iniciativa a todos os veciños do municipio ofrecendo, de forma libre e gratuíta, a posibilidade de acceso ao resto dos habitantes do concello. Para iso só se deberían rexistrar na páxina web beone.es/behome para obter as claves de acceso e empezar a gozar dunha vida activa e manterse en forma desde casa.

Ademais, desde a conta de Instagram oficial de BeOne (beone_fitness_sport) impártense clases en directo en aberto cos técnicos dalgunhas das instalacións que o noso Grupo ten no estado. Introducir a actividade física na rutina diaria axúdanos a manternos máis sans, fortes e a combater a tensión que nos poida causar o confinamento.

3.- Habilítase a escola de programación municipal en liña

Debido ao estado de alarma decretado polo Goberno a raíz da pandemia docoronavirus, a Aula de Informática do Concello de Teo xunto coa empresa Rockbotic (encargada habitual da impartición das clases) quere ofrecerlle ao alumnado da Escola Cultural de Programación (Robótica),unha plataforma virtual  para traballar en liña os contidos do obradoiro. Esta permitirá compartir a pantalla, a través da cal, poderemos dar as clases e resolver problemas e dúbidas ao alumnado da mesma forma que se estivera en directo na aula.

4.- As Bibliotecas de Teo convídannos a celebrar o Día Mundial da poesía

Dende as Bibliotecas municipais de Teo, dependentes da Concellaría de Cultura, anímannos hoxe a celebrar nos fogares o Día Mundial da Poesía dando vida a palabra escrita na voz de Marina Nieto Pol de Palabras Vivas - Lecturas dramatizadas. Realizaron unha selección e déixannos varios videopoemas. O primeiro leva por título "Camiñan" ,escrito por Ana Romaní para o seu libro "As últimas mareas" que podes ver premendo aquí. O segundo é "Cantiga do neno da tenda" de García Lorca, que forma parte dos "Seis poemas galegos" e podes ver premendo aquí.

5.- Lingua anímanos a participar no programa Enreguéifate

Dende o Departamento de Lingua anímannos a comezar a regueifar e participar no Enreguéifate 2020! Pódense enviar os vídeos ata o 29 de maio. Consulta as bases completas en: www.enregueifate.gal

É ben sabido por todas
que non hai mellor maneira
de pasar a corentena
que botando unhas regueifas!


6.- A escola de artes plásticas comparte contido en liña

As Escolas Culturais do Concello seguen a súa andaina on-line nos seus horarios habituais. Neste caso o Obradoiro de Artes Plásticas continúa a desenvolver dende a casa o seu programa anual deste curso 2019-2020 adicado ás Personaxes de Animación do eido do cine e a TV o longo da historia.

Dende a Concellalia de Cultura queremos animannos a todos os rapaces e rapazas do Concello a que participen, para o que iremos publicando na canle de youtube do Concello titoriais que están elaborando os mestres das escolas. Podes ver o primeiro titorial premendo aquí

Tamen vos animamos a que compartades os vosos traballos nas redes sociais co cancelo #escolasculturaisTeo de xeito que os poida ver toda a veciñanza. Podedes envialos tamén a cultura@teo.gal Agardamos que este contido dixital vos resulte entredito e lembrade a importancia de quedar na casa #quedanacasa

7.- Unicef anima aos nenos e nenas a contarnos como están pasando estes días na casa

Teo conta co recoñecemento de cidade amiga da infanfia outorgado por Unicef. Nestes días complicados para todos e todas Unicef lanza unha canle de Youtube, Clip Club TV, onde os/as máis pequenos/as da casa nos contan como o están pasando e sobre todo as actividades que están facendo nas súas casas. O mellor é que convidan aos nenos e nenas de Teo a enviar vídeos onde podedes contar o que vos apeteza: algún xogo, titoriais sobre manualidades que estades facendo, unha receita de cociña, falar dos libros, música ou pelis que estades vendo... Trátase de compartir contido para que outros nenos e nenas poidan desfrutar tamén con actividades sinxelas e divertidas. Podedes ver máis información sobre Clip Club Tv premendo aquí e dende ahí tamén podedes subir o voso vídeo. Podes entrar na canle de Youtube de Clip Club TV premendo aquí

Dende Unicef Galicia chívannos que están chegando poucos vídeos en galego así que animádevos a subir contido no noso idioma!

8.- A escola municipal de teatro continúa dende a casa.

Son tempos de ser imaxinativos. E son tempos tamén de usar a tecnoloxía para a conexión entre as persoas. Velaquí un exemplo dende a escola cultural de teatro do Concello. Seguen funcionando dende a casa con videochamadas de grupo. As clases non son iguais pero tamén se aprende. A cultura do teatro non para!

9. O profesorado das escolas infantís municipais comparte vídeos con contos e actividades para os/as máis pequenos/as.

O profesorado das escolas infantís municipais decidiron facer algúns pequenos vídeos con contos para que o seu alumnado os poida ver e levar mellor estes días de confinamento. Trátase de contido audiovisual axeitado para os/as cativos/as da casa.

  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Borja Gendre, profe na escola infantil da Ramallosa cun conto co que conmemora o Día do autismo.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Cristina Sardiña, educadora na escola infantil de Calo que canta unha canción anunciando a chegada da primavera
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Esther López, educadora das escolas infantís no que lles ensina aos máis pequenos/as como facer pasta de modelar na casa con moi poucos ingredientes. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Loaira Castro, educadora na escola infantil da Ramallosa, no que nos ensina a facer ioga. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Susana Campos, educadora na escola infantil de Calo, no que nos conta o conto Cororico. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Pili Alvarellos, educadora na escola infantil da Ramallosa, no que prepara un biscoito de iogur.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo do persoal da escola infantil dos Tilos mandando unha mensaxe de ánimo aos máis pequenos/as da casa.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo no que Rosa Vázquez prepara unhas gallegas de manteiga.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo no que María José Castro nos ensina manualidades sinxelas para facer coa cativada da casa.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Alicia Aldrey no que realiza un experimento: un volcán de vinagre.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Erica Parente no que canta o conto do Polo Pepe.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Alejandar Pérez contando o conto Unha eiruga larpeira.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Rocío Andrade no que nos ensina a plantar xudías.
  • Premendo aquí podedes vero vídeo de María Rita no que ensina como facer un xoguete moi sinxelo con material de refugallo.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Marta Vázquez preparando barriñas de chocolate con nubes.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Beatriz Fernández contando dun xeito moi especial "Un libro" de Hervé Tullet.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Sofía Mantiñán no que fai unha manualidade, unha bolboreta.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Silvia Pampín no que realizar manualidades coas que familiarizarse cos números.
  • Premende aquí podedes ver o vídeo de Borja Gendre no que nos conta o libro "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de María Rita que nos ensina a xogar con material de refugallo e cousas que temos na casa.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Ángela Cajaraville no que fai unha manualidade con material de refugallo.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Pili Alvarellos onde nos ensina a plantar unhas sementes.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Cristina Sardiña no que nos le un conto.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Silvia Pampín no que fai xogos para falar das profesións.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Susana Campos onde xoga coas cores.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Borja Gendre no que fai manualidades para traballar con texturas.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de María Rita no que fai unhas xoaniñas.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Esther López cántanos unha canción infantil.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Loaira Castro facendo estiramentos para os/as peques.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Miriam que nos canta a canción Trota cabaliño.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Susana Campos que nos conta o conto A vaca que puxo un ovo. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Borja Gendre no que nos le o libro Un bosque tranquilo, que fala sobre a paciencia e ofrécenos consellos para traballar a autonomía dos/as nenos/as na casa. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Rosa Vázquez no que prepara unha manualidade moi refrescante: pintura con xeo de cores.

10. As escolas culturais continúan funcionando en Semana Santa e comparten contido en liña

As escolas culturais municipais continúan traballando en liña co alumnado e queren compartir nestes días varios video titoriais cos que vos podedes entreter un anaco. Podes velos premendo aquí

11. Lingua e mocidade publican unha guía de recursos en galego para estas xornadas de confinamento

A Concellaría de Lingua e Mocidade publica Teo en rede na casa, unha escolma de contidos en liña que teñen como fío condutor o idioma. A publicación, segundo explica a concelleira María López, " está aberta a todas as vosas aportacións para, dun xeito colaboracionista, compartindo ideas, propostas, proxectos para construír un universo de noso, galego e mundial!".

A guía Teo en rede na casa recolle numerosos recursos para que estes días de confinamento teñamos opcións en galego. Así podemos escoitar música, ler libros, visitar museos, informarnos, ver cine, xogar ou axudar no coidado do medioambiente.

Podes descargar a guía premendo aquí

12. Consulta o Papagaio do mes de abril e maio

O Papagaio, o xornal para xente cativa, que temos nas bibliotecas do Concello pon en aberto o seu número de abril e maio.

Para ver O Papagaio do mes de abril preme aquí 

Para ver O Papagaio do mes de maio preme aquí

Podes consultar máis números deste divertido xornal premendo aquí

13. A concellaría de cultura organiza a semana do libro baixo o lema Un libro, unha aperta.

Dentro das actividades da semana do libro podes ver como o profe de manualidades David Orihuela nos ensina  a facer un divertido marcapáxinas. Podes velo premendo aquí

14. A concellaría de lingua anima a celebrar os maios

A Concellería de Lingua e Mocidade convídavos a celebrar os Maios, unha festa popular que festaxa a chegada da primavera nos primeiros días do mes de Maio a través de estruturas vexetais e coplas (ámbalas dúas do mesmo nome que a festa).

A continuación deixámosvos uns recursos relacionados coa festa e emplazámosvos a que enchades a rede de coplas! Podedes compartir as publicacións en redes co cancelo  #CantádemeUnMaio

  • Podedes ver premendo aquí que son e como se fan as coplas dos Maios, dende Ourense para o mundo!
  • Podedes ver premendo aquí o máis afamado poema dos Maios, obra de Curros Enríquez (1851-1908)
  • Podedes ver premendo aquí o “Maio” de Curros nas voces da música galega (Consello da Cultura galega)
  • Podedes ver premendo aquí outra version clásica e entrañable que prende a luz da memoria das que xa teñen unha idade… (Luis Emilio Batallán)

E lembra #quedanacasa