O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello oferta un curso de edición fotográfica e outro de edición de son

| compartir:

O Espazo de Traballo Colaborativo de Solláns acollerá en decembro un curso de edifición fotográfica e outro de gravación e edición de son.

O curso de fotografía será do 10 ao 14 de decembro e o de gravación e edición de son prográmase do 17 ao 21 de decembro. Nos dous casos serán de 17:30 a 20:00 horas. O derradeiro día rematan media hora antes.

Cada un dos cursos dispón de vinte prazas. Para anotarse hai que enviar un correo a emprego@teo.gal achegando copia do DNI e indicando teléfono de contacto e a ocupación (desempregado, estudante, outros...). O curso fotográfico admite anotacións do 3 ao 7 de decembro ás 14:00 horas e o de son do 10 ao 14 tamén ata as 14:00 horas. Se as solicitudes superan as prazas priorizarase:

  1. Residente no Concello de Teo
  2. Ocupación (desempregados, estudantes e o resto, nesa orde)
  3. Data de inscrición.

O día 7 publicarase unha listaxe das persoas admitidas no curso de fotografía e o 14 as admitidas no curso de edición de son.

Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas no curso de fotografía

O curso de edición fotográfica ensinará o manexo e axustes da cámara, os trípodes e outros utensilios. Tamén se ofrecerán clases sobre iluminación, de retoque fotográfico básico con Gimp e de revelado dixital de fotografía capturada en formato RAW (darktable).

O curso de gravación e edición de son ensinará a utilizar equipos de captura, a edición con Audacity, e a produción, elaboración e publicación de podcasts e radio dixital.

En ambos os dous cursos é preciso levar ordenador portátil propio.

Descarga aquí o cartel informativo dos cursos

lente

Arquivos descargables