Publícase a lista de persoas admitidas no curso de edición de fotografía

Data presentación

Rematado o curso de inscrición no curso de edición fotográfica que se realiza do 10 ao 14 de decembro no Espazo de Traballo Colaborativo de Solláns publícase a lista de persoas admitidas.

Consulta aquí a lista completa.

O curso de edición fotográfica ensinará o manexo e axustes da cámara, os trípodes e outros utensilios. Tamén se ofrecerán clases sobre iluminación, de retoque fotográfico básico con Gimp e de revelado dixital de fotografía capturada en formato RAW (darktable).