O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A Mediateca do Grilo cumpre dez anos

| compartir:

A Mediateca do Grilo cumpreu dez anos de funcionamento o luns 15 de outubro. Coincidindo con esta data organizouse un obradoiro de ilustración con Óscar Vilán dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira de Cultura, Pilar Faxil, visitaron tamén a instalación. 

Destes dez anos de funcionamento da primeira axencia de lectura de Teo nun local municipal destacan algunhas cifras. O número de volumes da colección son 28.826; o número de usuarios que pasaron pola Mediateca máis de 90.000; o número de documentos prestados achégase aos 30.000  e as sesións dende dispositivos portátiles está preto dos 5.000.

Son grandes cifras para unha instalación municipal básica que conta cunha oferta destinada a un público moi amplo en idade. De feito conta con Bebeteca, un servizo destinado especialmente aos nenos e nenas máis pequenas con material adaptado aos seus intereses e conta con varios xornais para consulta. O espazo ten ata un piano que se recibiu por unha doazón dun particular .

Ademais do servizo de biblioteca clásica en Cacheiras hai equipos informáticos con rede wiffi e outros servizos como proxector. En ocasións o local úsase para actividades culturais como esta charla sobre ilustración que fixo onte Óscar Vilán, presentacións de libros ou mesmo reunións de colectivos veciñais. Tamén ser realizan sesións de clube de lectura. A concelleira de Cultura, Pilar Faxil, destaca que se trata "dun espazo versátil e vivo no que a cultura é o elemento vertebrador". Faxil tamén aproveitou para felicitar a Alberto Llano por estes dez anos de traballo, a persoa que coordina o servizo dende a súa apertura.Teo conta con outra biblioteca pública, na Casa Común dos Tilos.

O obradoiro de ilustración intégrase en Ler Conta Moito, programa de animación á lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Máis información sobre este servizo premendo aquí

 

biblioteca