O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O informateo do mes de marzo destaca o programa do día da muller e o investimento en obras

| compartir:

O informateo do mes de marzo destaca temas de interese como os prazos de solicitude das escolas infantís ou o programa sobre a prevención da velutina ou a obriga de limpeza de fincas para previr incendios.

Na publicación deste mes tamén se destaca o acondicionamento de oito viarios e a contratación de varias obras novas. Entre as obras a executar, ademais de viarios tamén se inclúen tres novas sendas peonís, melloras en infraestruturas municipais e a reurbanización do núcleo de Ribas (Oza).

Outros temas recollidos neste número de marzo é a información sobre como solicitarlle ao Concello o préstamo de material para as festas das parroquias, así como a convocatoria da asamblea para crear o Consello Parroquial de Teo. Tamén destacamos os acordos plenarios aprobados en xaneiro, unha moción sobre as deficiencias nos centros educativos, a adhesión á plataforma stop velutina e a creación do Consello Local da Infancia e Adolescencia de Teo.

Outro dos aspectos destacados cada mes é a axenda de actividades organizados polos distintos departamentos. Premendo aquí podedes consultar todos os actos do mes de marzo, actividades culturais, charlas sobre o bono social e a nespra asiática ou charlas informativas do goberno municipal.

 

informateo

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
InformaTeo_Marzo2018_web.pdf 416.77 KB
Axenda_marzo2018.pdf 105.83 KB