
O Concello abre a inscrición para os campamentos o 22 de maio. A oferta diversifícase nos campementos rurais que se farán no mes de xullo en Teo con diversas temáticas e nos campamentos de verán, fóra do Concello, durante o mes de agosto.
En xullo teremos catro actividades dirixidas a rapazada de 12 a 18 anos en horario de 10 a 14 horas en distintas casas comúns. Unha temática cada semana:
- Campamento científico. Do 3 ao 7 de xullo. Casa Común de Rarís.
- Escola ecoloxista. Do 10 a 14 de xullo. Casa Común de Oza.
- Obradoiro audiovisual. Do 17 ao 21 de xullo. Casa Común de Oza.
- Parkour. 24-26-27-28 de xullo. Casa Común de Rarís.
Cada actividade ten 20 prazas e para participar hai que presentar a ficha de inscrición por rexistro físico ou sede electrónica entre o 22 de maio e o 2 de xuño. A cota destes campamentos é de 25 euros por semana.
Campamentos en Oleiros
Os campamentos do mes de agosto faranse no albergue de Santa Cruz de Oleiros e haberá un xuvenil e outro infantil para nenos/as máis pequenos/as.
- Campamento xuvenil. Do 1 ao 9 de agosto. Nenos/as nados/as entre o 2006 e o 2010.
- Campamento infantil. Do 10 ao 18 de agosto. Nenos/as nados/as entre o 2011 e o 2016.
A inscrición tamén está aberta do 22 de maio ao 2 de xuño e débese entregar a ficha de inscrición neste período por rexistro ou sede electrónica. No caso de ter máis solicitudes ca prazas farase un sorteo público o 9 de xuño.
A listaxe de persoas admitidas publicarase o 13 de xuño. A cota dos campamentos é de 90 euros. O pagamento farase ata o 23 de xuño. As persoas admitidas recibirán por correo electrónico a folla de autoliquidación.
Descarga aquí a ficha de inscrición nos campamentos rurais (xullo)
Descarga aquí a ficha de inscrición nos campamentos de verán (agosto)
Por outra parte, o 8 de maio abreu a inscrición para os Diverteo de verán, o programa de conciliación para os períodos de vacacións escolares.
O Diverteo de xuño e as dúas quincenas de xullo faranse, como é habitual nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa, mentras que o de agosto farase só neste último centro, na Ramallosa.
O horario de atención vai das 7:30 ás 15:30 horas e poden asistir crianzas escolarizdas nos CEIPs ou no CRA entre os 3 e os 12 anos, preferiblemente empadroadas en Teo.
A reserva de praza hai que facela por rexistro nos prazos que se establecen para cada período.
DIVERTEO XUÑO
- Datas: do 22 ao 30 de xuño (7 días).
- Inscrición: do 8 ao 26 de maio.
- Listaxe provisional: 31 de maio na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
- Pagamento: do 2 ao 12 de xuño.
- Listaxe definitiva: 15 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello
DIVERTEO XULLO
- Datas: 1. Primeira quenda: do 3 ao 14 (10 días). Segunda quenda: do 17 ao 31 (10 días).
- Inscrición: do 8 de maio ao 2 de xuño.
- Listaxe provisional: 8 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
- Pagamento: do 12 ao 19 de xuño.
- Listaxe definitiva: 23 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
DIVERTEO AGOSTO. Farase só cun mínimo de 15 participantes e no colexio da Ramallosa.
- Datas: • Primeira quenda: do 1 ao 14 (10 días). • Segunda quenda: do 16 ao 31 (12 días).
- Inscrición: do 8 de maio ata o 30 de xuño.
- Listaxe provisional: 6 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
- Pagamento: do 10 ao 17 de xullo.
- Listaxe definitiva: 20 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
Descarga aquí a ficha de inscrición do Diverteo