O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Comeza o pintado da nova sinalización na urbanización dos Tilos

| compartir:

A partir do mércores 16 de agosto, comezarán as labores de sinalización vertical e horizontal para os cambios na circulación na urbanización dos Tilos.

Segundo indican dende o departamento de Urbanismo "estas labores precisan cortes de tráfico para a correcta execución". Estes traballos comezarán o próximo mércores 16 de agosto, nun tramo da rúa Ameneiro, dende a intersección coa Rúa Carballo ata a rotonda da estrada AC-841, Santiago-A Estrada.

Tentarase que os cortes de tráfico sexan o máis curtos posibles e iranse notificando coa suficiente antelación para reducir as molestias á veciñanza afectada.

Nos próximos días tamén se fixará a data concreta dende a que os cambios na circulación serán xa efectivos, unha vez rematen todos os traballos de sinalización.  

Aquí pódese consultar un plano de situación da zona do corte afectada. 


Dende o Concello agradécese a comprensión polas molestias que se poidan ocasionar. Para máis información pódese contactar co Concello no 981.815.700.

Estudo de mobilidade na urbanización

No mes de abril presentábase nunha xuntanza nos Tilos o plan de mobilidade que se fixo para analizar as necesidades da zona e establecer a reorganización do tráfico rodado. 

 

Tilos

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
0495_001.pdf 219.65 KB