Convocatoria hortas urbanas municipais. Marzo 2022.

Data presentación
Data presentación fin

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DAS HORTAS VACANTES CALO E CACHEIRAS 2022

Publícase a adxudicación definitiva das parcelas 10 e 12bis da horta urbana municipal de Calo, situada no lugar de Fixó, e as parcelas 5, 10 e 12 da horta urbana municipal de Cacheiras, situada no lugar de Tras do Eixo.

Consulta aquí a resolución de adxudicación 

Publicado en teo.gal o 20 de maio de 2022. 

PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DAS HORTAS URBANAS MUNICIPAIS

Publícase a proposta de adxudicación das hortas urbanas municipais cun prazo de reclamacións de 3 días despois da publicación. O prazo de reclamacións remata o 16 de maio.

Consulta aquí a proposta de adxudicación. 

Publicado en teo.gal o 11 de maio de 2022. 

LISTAXE DE  PERSOAS ADMITIDAS NA CONVOCATORIA DE CONCESIÓN DAS HORTAS URBANAS E DATA SORTEO PÚBLICO

Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas e a data do sorteo

Por resolución da alcaldía apróbase a lista provisional de persoas admitidas e excluidas no procedemento de autorización do uso privativo das parcelas 10 e 12 da horta urbana de Campos de Mirabel-Calo e das parcelas 5,10 e 12 da horta urbana de Tras do Eixo-Cacheiras, que se pode consultar premendo aquí

As persoas admitidas quedan quedan citadas para o sorteo público das parcelas, que terá lugar o vindeiro mércores 6 de abril ás 10:00.h no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Teo.

Publicado en teo.gal o 1 de abril de 2022.

Publícase unha convocatoria extraordinaria de hortas urbanas municipais.

Publícase o Prego de condicións para autorizar o uso privativo das parcelas 10 e 12 da horta urbana de Campos de Mirabel-Calo e das parcelas 5, 10 e 12 da horta urbana de Tras do Eixo-Cacheiras, que se atopan vacantes, aplicando o procedemento previsto no artigo 33 da LPAC.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución na web municipal. O prazo estenderase dende o 17 ao 30 de marzo de 2022.

Consulta aquí o prego completo

Descarga aquí a solicitude

O obxecto do presente prego de condicións é regular o procedemento de adxudicación e o contido da autorización para o uso privativo das parcelas 10 e 12 da horta municipal de Calo, e das parcelas 5, 10 e 12 da horta urbana municipal de Cacheiras, habilitadas para hortas urbanas municipais, conforme ao establecido no Regulamento de funcionamento de hortas urbanas municipais do Concello de Teo, publicado no BOP da Coruña de 20 de maio de 2014 (en adiante, Regulamento).

A horta urbana municipal de Calo está situada no lugar de Fixo, urbanización Campos de Mirabel, dentro da parcela 22 do proxecto de compensación do SAUR 2, e ten unha superficie de 720 m2, que se distribúen en 12 parcelas.

A horta urbana municipal de Cacheiras está situada no lugar de Tras do Eixo, parcela 177 do polígono 503, e ten unha superficie de 1.214 m2, que se distribúen en 12 parcelas.

Tras os procedementos iniciados no seu día, para autorizar o uso privativo das citadas parcelas, por posteriores renuncias dos/as adxudicatarios/as, quedan actualmente cinco parcelas dispoñibles, dúas na horta urbana de Calo (parcelas 10 e 12) e tres na horta urbana de Tras do Eixo (5, 10 e 12).

De acordo co exposto, ao presente prego incorpóranse como anexo I os planos nos que se describen a situación das parcelas coa correspondente numeración, sendo as que se ofertan as numeradas como 10 e 12 da horta municipal de Calo, e como 5, 10 e 12 da horta urbana municipal de Cacheiras de acordo co procedemento establecido neste Prego.

De acordo co disposto no artigo 8 do Regulamento, reservarase un 20% das parcelas para casos de emerxencia social informados polos Servizos Sociais do Concello de Teo e outro 20% das parcelas para persoas maiores de 65 anos.

Lugar e prazo de presentación.

As solicitudes para ser adxudicatario/a das parcelas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, de 8 a 14 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (en 3 de 14 adiante LPAC), durante o prazo de 10 días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web do Concello de Teo (sen prexuízo así mesmo da súa publicación no taboleiro de anuncios) e utilizándose a estes efectos o modelo incorporado ao presente como anexo II.

As solicitudes que se recibiran fóra do prazo fixado neste prego non serán admitidas, agás o previsto no parágrafo seguinte para as solicitudes remitidas en calquera dos rexistros, distintos do rexistro municipal, previstos no artigo 16.4 da LPAC. Nestes casos, a persoa interesada deberá acreditar dito envío o mesmo día que se produza, adxuntando o comprobante ou xustificante no correo municipal secretaria@teo.gal. Sen cumprir tal requisito non será admitida a solicitude no caso de que se recibira con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado neste apartado anterior. A presentación das solicitudes de adxudicación de parcelas supón a aceptación incondicional do Prego de condicións e de cantas obrigas se deriven do mesmo.

Formalidades e documentación.

A documentación que debe presentaranse é a seguinte:

  • Instancia na que se solicita a autorización de uso dunha parcela (anexo II). Tendo en conta que as parcelas que se van adxudicar pertencen ás dúas hortas urbanas municipais (Campos de Mirabel-Calo e Tras do Eixo-Cacheiras), as persoas interesadas deberán marcar neste impreso se desexan participar no sorteo dunha parcela dunha das hortas en concreto (marcar a que prefiren) ou se queren concorrer nas dúas hortas indistintamente (marcar ambas)
  • Declaración xurada de estar ao corrente das obrigas tributarias (do Estado e da CCAA) e coa seguridade social, así como de non ter ningunha causa de incompatibilidade ou sentenza firme que lle impida contratar coa Administración (incluída no anexo II)
  • Fotocopia do DNI ou do documento que legalmente o substitúa.
  • Calquera documento que se estime oportuno para acreditar as circunstancias especiais que xustifiquen a autorización de uso de hortas sostibles. O Concello verificará de oficio se a persoa interesada está ao corrente coas obrigas tributarias municipais e se está empadroada no mesmo.

Criterios de selección e adxudicación das hortas.

De conformidade co establecido no artigo 13 do Regulamento o sistema de adxudicación será por sorteo público entre todas as solicitudes presentadas, dentro do prazo de presentación de solicitudes, que resultaran admitidas.

Publicado en teo.gal o 16 de marzo de 2022.