O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Augas de Teo

Augas de Teo é o nome do servizo público municipal que, dende o 1 de outubro de 2015, xestiona o servizo de abastecemento de auga potable, depuración e saneamento das augas residuais do Concello de Teo.

O servizo municipal Augas de Teo atende só con cita previa. Esta decisión adóptase por operatividade, para que as persoas que veñan realizar algunha xestión non teñan que estar agardando.

Algunhas das xestións máis habituais pódense realizar a través da sede electrónica do Concello, operativa as 24 horas, ou presentado a documentación por Rexistro xeral nas oficinas municipais.

Augas de Teo atende os luns, mércores e venres de 09:00 a 13:00 horas de xeito presencial, pero sempre con cita, que se pode concertar chamando aos seguintes números: 981 803 981 ou 628 779 066 (tamén por whatsapp). Non se darán citas por correo electrónico. Polo bo funcionamento do servizo e para evitar esperas a outras persoas usuarias, solicítase puntualidade coa hora concertada (pasados 10 minutos da hora prevista sin comparecencia, a cita cancélase).

Algunhas das xestións habituais, como o cambio de domiciliación bancaria ou o cambio de titular do contrato, pódense realizar no Rexistro do Concello ou por sede electrónica (https://sede.teo.gal/opencms/gl/).

Augas de Teo conta cunha oficina municipal de atención ao cliente situada na Casa do Concello:Trav. da Ramallosa 38 – Lucí, 15883 Teo. 

Consulta aquí máis información sobre as xestións máis habituais en Augas de Teo e a documentación precisa

Instalacións

Entre as instalación máis importantes que xestiona Augas de Teo dentro do ciclo integral da auga está a ETAP, que toma a auga do río Ulla en Pontevea, potabilízaa e distribúea por todo o concello, e tres EDARes, estacións depuradoras de augas residuais localizadas en Calo, Pontevea e  A Barcia, ademais dunhas vinte depuradoras compactas situadas en pequenos núcleos rurais.

Podes consultar aquí a memoria xustificativa da proposta de xestión directa do servizo de abastecemento de
auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Teo de marzo de 2015.

Outras formas de comunicación son o enderezo electrónico: augasdeteo@teo.gal e o Facebook: Augas deTeo (@AugasdeTeo).

AVARÍAS: Atención 24 h ao día no 619 615 125

Podes consultar a ordenanza de taxas por abastecemento e saneamento premendo aquí

Capa coa rede de saneamento de Augas de Teo

Capa de elementos de abastecemento de augas de Teo

Capa coa rede de abastecemento de auga de Augas de Teo

augas

augas teo

Contacto

augasdeteo@teo.gal
619 615 125

Ubicación

Travesía da Ramallosa nº 38
Teo