Ruta do apego na procura de cogumelos

setas

Organízase dende o programa Apego unha Ruta en familia para a procura de cogumelos o sábado 23 ás 11:30 horas na Área Recreativa de Mouromorto. A actividade será impartida pola educadora ambiental Sira López. Está dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos. As prazas están limitadas a 20 familias e a actividade é de balde. 

Inscricións: a partir do 18 de outubro, por orde de entrada, enviando o nome completo das persoas asistentes, e DNI no caso de telo, a lingua@teo.gal