Obradoiro de caretas

aula informática

A Aula de informática municipal programa os días 24 e 25 de febreiro de 10:00 a 11:30 horas un obradoiro para crear a túa careta co programa Paint. Está dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos. Podes anotarte ata o 21 de febreiro.

Para inscribirse hai que entregar a ficha de inscrición debidamente cuberta no Rexistro Xeral do Concello. Podes recoller as fichas na Aula de informática, nas oficinas municipais ou descargala premendo aquí

Máis información premendo aquí