Feira de saldos en Rarís

feira de saldos

O Concello organiza unha feira de saldos o 25 de xaneiro na Casa Común de Rarís de 17:00 a 20:00 horas. Os comercios interesados en liquidar existencias poden solicitar a súa participación enviando un correo electrónico a comercio@teo.gal

Durante a feira tamén se venderán sobrantes do roupeiro municipal e os cartos recadados entregaranse ao Banco Veciñal de Alimentos. 

Dende as 18:00 ata as 20:00 horas tamén se fará un taller de xoguetoloxía dirixido aos máis pequenos/as da casa.