Celebramos o Día mundial do teatro co grupo municipal de teatro e coa obra Hotel Ramallosa

teatro

Dende a Concellaría de Cultura e Educación celebran o Día mundial do teatro dende a casa. E fano coa colaboración do Grupo Municipal de Teatro das Escolas Culturais poñendo a disposición da cidadanía o visionado da obra Hotel Ramallosa que se representou no Mes do teatro do ano 2017 e que podes ver premendo aquí. Con esta peza seguen a percorrer as parroquias de Teo e concellos limítrofes. Hoxe mesmo tiñan unha función no Festival de teatro Teatrofilia en Vedra que se tivo que anular. 

Desta xeito dende Cultura quérese colaborar coas persoas que estades na casa para encher as horas de confinamento e animando tamén a seguir desfrutando da cultura. Así mesmo tamén se pon en valor nun día coma hoxe, 27 de marzo, ao Grupo Municipal de Teatro do noso Concello  que levan traballando anos arreo  e poñendo encima  do escenario obras ben xeitosas para o público teense.

Animámosvos a desfrutar da cultura de Teo dende a casa. Neste caso de teatro feito en Teo do que podedes gozar os que non vistes a obra en directo e as persoas que xa a viron lembrar un grato momento. Queremos que esta celebración sirva para lembrar que se quedamos na casa todos e todas dentro de pouco atoparémonos de novo no teatro. O grupo Municipal de Teatro segue traballando arreo e con ilusión dende as súas casas con máis ganas que nunca de subirse a un escenario.

Podes ver a obra Hotel Ramallosa premendo aquí 

#teatronacasa #díamundialdoteatro #teatroteense