O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escolas infantís municipais

As Escolas Infantís Municipais de Calo, A Ramallosa e Os Tilos son o recurso principal para que as familias poidan conciliar a vida laboral e familiar. Atenden a nenos e nenas dende os 0 aos 3 anos.

Este servizo é de xestión directa polo Concello dende setembro do 2018.

A localización dos centros é a seguinte:

Escola Infantil Municipal dos Tilos

Escola Infantil Municipal de Calo

Escola Infantil Municipal da Ramallosa 

As escolas infantís municipais de Teo están abertas entre as 7.30 h e as 20.30 h de luns a venres todos os días lectivos do ano.

O proceso de admisión nas EIMs comeza en marzo: do 1 ao 15 de marzo preséntanse as solicitudes de reserva de praza e do 16 ao 31 as novas solicitudes de ingreso.

A mediados do mes de marzo faise unha reunión con todas as persoas interesadas en solicitar as prazas para explicar o contido e datas do procedemento de admisión.

Durante o estado de alarma pola crise sanitaria da Covid-19 o persoal das escolas infantís mantivo o contacto co alumnado a través das redes, usando sobre todo vídeos con actividades pensadas para a cativada da casa. Podes ver o traballo do persoal dos centros premendo aquí

As listaxes de solicitudes admitidas publícanse en maio e a matrícula é do 1 ao 15 de xuño.

Normativa municipal:

As escolas infantís municipais reciben financiamento da Xunta de Galicia para contribuír aos seus gastos e á gratuidade da atención educativa das segundas fillas e fillos.

logo

Escolas infantís municipais

Contacto

eimteo@teo.gal
881819356

Ubicación

Centro Sociocultural da Ramallosa, Rúa da Lagoa, número 2. 15883. Lucí. Teo
Lucí

Arquivos descargables