Apego: O Apalpador na Burga de Xermeade

O Apalpador  leva xa uns anos tendo a costume de baixar das devesas do Courel nas frías datas do Nadal para visitar as crianzas teenses,  acompañalas e ver se están ben alimentadas apalpándolles o bandullo.

Os Apalpadoriños de Nelson Quinteiro Produccións.

O venres 23 de decembro desfrutaremos dos Apalpadoriños nas rúas  da zona comercial de Cacheiras. Pasarrúas de música e espectáculo de cabezudos e gaiteiros saíndo desde a rotonda de Montouto,xunto a administración de loterías, pasando polas rúas ata o restaurante Pórtico de Cacheiras.