
Augas de Teo
Travesía da Ramallosa nº 38
augasdeteo@teo.gal
619 615 125
Teo
Augas de Teo é o nome do servizo público municipal que, dende o 1 de outubro de 2015, xestiona o servizo de abastecemento de auga potable, depuración e saneamento das augas residuais do Concello de Teo.
Entre as instalación máis importantes que xestiona Augas de Teo dentro do ciclo integral da auga está a ETAP, que toma a auga do río Ulla en Pontevea, potabilízaa e distribúea por todo o concello, e tres EDARes, estacións depuradoras de augas residuais localizadas en Calo, Pontevea e A Barcia, ademais dunhas vinte depuradoras compactas situadas en pequenos núcleos rurais.
Augas de Teo conta cunha oficina municipal de atención ao cliente situada na Casa do Concello (Trav. da Ramallosa 38 – Lucí, 15883 TEO.
O servizo de Augas de Teo atenderá só con cita previa os luns, mércores e venres de 08:30 a 13:30 horas. Para pedir cita hai que chamar aos seguintes números: 981.803.981 ou ao 628.779.066 (neste tamén pode pedirse vía whatsapp). As citas non se darán a través do correo electrónico.
Tamén se poden realizar consultas telefónicas nese horario no 981 803 981.
Outras formas de comunicación son o enderezo electrónico: augasdeteo@teo.gal e o Facebook: Augas deTeo (@AugasdeTeo).
AVARÍAS: Atención 24 h ao día no 619 615 125
Podes consultar a ordenanza de taxas por abastecemento e saneamento premendo aquí