O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Anuncio no DOG do "Plan parcial SUND-12 área mixta terciaria/industrial Portoameneiro"

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 26 de maio de 2023, aprobouse inicialmente o plan parcial SUND-12 área mixta terciaria/industrial Portoameneiro, de febreiro de 2023 (rexistro de entrada nº 587, do 2 de febreiro de 2023), promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado por Abtemas, S.L.

Sométese o expediente a información pública por prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en La Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial del Estado (75 da LSG, 186 e 207 RLSG e 44 LPACAP). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública (artigo 207.2.d) do RLSG).

Consulta aquí o anuncio.