O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Anuncio aprobación provisional modificación Ordenanza fiscal construcións, instalacións e obras

No BOP número 191 do 5 de outubro, publícase o anuncio de aprobación provisional de modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

Téndose aprobado provisionalmente polo Pleno da Corporación, en sesión de data 27/09/2023, a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre construcións, instalacións e obras, e dando cumprimento ó disposto no artigo 17.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais, procédese a súa exposición pública para que durante o prazo de trinta días, a contar dende a publicación de este edicto no Boletín oficial da Provincia, os interesados poidan examinar o expediente e formular as reclamación que estimen oportunas.

 

Pode consultar o texto premendo aquí