O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Decreto de servizos mínimos para a folga de taxis

Tendo en conta a convocatoria de folga de taxis que ten previsto o seu inicio para o día 31 de xullo de 2018 e ao abeiro das facultades que me confire o art. 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e demais normativa
aplicable,


RESOLVO:
Primeiro.- Establecer os seguintes servizos mínimos:

  • Durante o servizo diurno, permanecerán de servizo un mínimo do 20% das licenzas municipais en activo.
  • Durante o servizo nocturno(de 22:00h a 08:00h), permanecerán de servizo un mínimo do 10% das licenzas municipais en activo.

Segundo.- Facer público a presente resolución mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal e dar conta ao Pleno na vindeira sesión ordinaria que celebre.

Publicao en teo.gal o 30 de xullo de 2017.

Arquivos
Attachment Size
Decreto servizos mínimos Folga taxis.pdf 327.93 KB