O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Anuncio de aprobación definitiva da memoria sobre a viabilidade da xestión directa do servizo e estudo de custos das escolas infantís municipais

O Pleno da Corporación, na sesión do 22 de agosto de 2018, acordou aprobar definitivamente a Memoria sobre a viabilidade da xestión directa do servizo e estudo de custos das escolas infantís municipais, aplicando a tramitación de urxencia, e sometela a exposición pública.

Consulta aquí a Memoria sobre a viabilidade da xestión directa do servizo e estudo de
custos das escolas infantís municipais.

O anuncio no BOP publicouse o 30 de xullo de 2018. Podes consultalo premendo aquí

O expediente poderá ser consultado tamén na Secretaría do concello.
Publicado en teo.gal o 23 de agosto de 2018