O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

XUÍZA OU XUÍZ DE PAZ TITULAR DE TEO

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

PUBLICACIÓN DO ANUNCIO NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

Mediante Decreto da Alcaldía do 4 de abril de 2024 aprobouse a convocatoria pública para a elección de Xuíza ou Xuíz de Paz titular de Teo, que se axustará ás bases que se reproducen a continuación.

Publicación do anuncio, aquí.

 

BASES DA CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A ELECCIÓN DE XUÍZA OU XUÍZ DE PAZ TITULAR DE TEO

Finalizado o mandato da Xuíza de Paz titular de Teo e para dar cumprimento ao acordado pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de oficiar a este Concello para que se inicie novo expediente ao efecto, efectúase  a correspondente convocatoria pública. 

O obxecto da presente convocatoria pública é a cobertura do cargo de Xuíza ou Xuíz de Paz de Teo, polo sistema de libre elección daquela persoa candidata que o Pleno do Concello considere máis idónea para as tarefas propias do cargo.


O mandato terá unha duración de catro anos, a contar dende a data de nomeamento que efectúe a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

A convocatoria rexerase, ademais de polo establecido nas presentes bases, polo disposto na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial (LOPX), na Lei 38/1988, do 28 de decembro, de Demarcación e de Planta Xudicial (LDPX), no Regulamento 3/1995, do 7 de xuño, dos Xuíces de Paz (RXP), e demais normativa aplicable.

Solicitudes

As persoas que desexen participar no procedemento de elección de Xuíza ou Xuíz de Paz, presentarán a súa solicitude, dirixida á sra. alcaldesa do Concello, manifestando que se reúne todos e cada un dos requisitos esixidos, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP da Coruña. A convocatoria publicarase igualmente no taboleiro de anuncios do Concello, na web municipal, na Sede Electrónica, no Xulgado Decano de Primeira Instancia e Instrución de Santiago e no Xulgado de Paz.

As solicitudes presentaranse, empregando o modelo incorporado no anexo destas Bases, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas.

Igualmente, ditas solicitudes poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (ou naqueloutras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo). Neste caso, comunicarase ao Concello a remisión da solicitude dentro do prazo de presentación de solicitudes, ao enderezo de correo electrónico secretaria@teo.gal, ou por calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado, achegando copia do resgardo da presentación da solicitude, indicando como asunto: ELECCIÓN DE XUÍZA / XUÍZ DE PAZ Concello de Teo.