O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo madruga 2022-23

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

AVISO. 

O TELÉFONO DOS SERVIZOS TEO MADRUGA E TEO COIDA (613305863) ten o seguinte horario de atención: de luns a venres  de 7:30 a 20:00.

INSCRICIÓN 

O 22 de agosto abre a inscrición no Teo Madruga, o servizo de conciliación nos CEIPs de Calo, os Tilos e A Ramallosa en horario de 07:30 ata o comezo das clases en cada centro. 

Dirixido a: alumnado dos CEIP do Concello, con prioridade para as familias empadroadas en Teo.

Lugar: nos colexios de Calo, da Ramallosa e dos Tilos.

Horario: de 07:30 horas ata o comezo das clases, todos os días do período lectivo.

Inscrición: a partir do 22 de agosto.

Tipos de usuarios/as:

  • Fixo: aquel/a usuario/a que se matricule e utilice o servizo de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos. Estes usuarios/as poderán escoller as seguintes frecuencias de utilización do servizo: 1 día por semana; 2 días por semana; 3 días por semana; 4 días por semana ou 5 días por semana.  Os usuarios/as fixos poderán solicitar unha utilización do servizo distinta das establecidas, sempre que o soliciten por escrito motivado.
  • Ocasional: aquel/a usuario/a que, habendo praza, desexe utilizar o servizo en días soltos de forma ocasional.

Documentación obrigatoria:

  • Folla de inscrición. 
  • Foto tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda e custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).

Opcional:

  • Informe do especialista que corresponda en relación a enfermidades específicas ou discapacidades que precisen dunha atención específica, en especial os xustificativos de alerxia e/ou intolerancias (de ser o caso).
  • Título de familia numerosa (de ser o caso).
  • Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
  • Xustificación do acollemento (de ser o caso).
  • Declaracións da renda do exercicio 2021 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais (no caso de ter dereito a bonificación).
  • Impreso de domiciliación selado pola entidade bancaria ou acompañado de xustificación documental da titularidade da conta.

Podes consultar toda a información sobre o programa, como os custes do servizo e as bonificacións premendo aquí

Descarga aquí a ficha de inscrición

Descarga aquí a solicitude de domiciliación

MÁIS INFORMACIÓN

  • Servizos Sociais: 881819356 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h).
    • BOP núm. 213, do 14 de decembro de 2020.
    • BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021.