O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Subvencións para actividades de benestar anualidade 2022

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE BENESTAR REALIZADAS DURANTE O ANO 2022

1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas a actividades do ámbito de organizadas ou promovidas por asociacións do concello de Teo durante ano 2022, con cargo á partida 230/480.00 do Orzamento de 2022, por un importe total de 7.500 euros.

Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación da inclusión social de persoas e colectivos, así como o fomento de actividades que melloren o benestar social e comunitario de todos os veciños e veciñas do concello de Teo.

2ª.-BENEFICIARIOS/AS

Serán beneficiarias ás asociacións con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral.

Terán a consideración de actividades ou programas de interese xeral, para os efectos da presente convocatoria, aqueles que fomenten o benestar comunitario e social, con especial atención ás que se dirixan a colectivos con dificultades de inclusión social. So serán subvencionables as recollidas na base terceira, deste documento.

As entidades terán que cumprir as seguintes condicións:

1) Poderán concorrer a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións que cumpran os requisitos e as finalidades desta convocatoria e que fomenten o benestar social, con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo.

2) Para ser beneficiarias das axudas as entidades veciñais deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Teo.

• Ter os seus estatutos adaptados á Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

• Non estar incursas as entidades ou as persoas que posúen a súa representación legal nalgún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiarios de subvencións por incapacidade ou incompatibilidade, establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

• Estar ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social e coa Administración Tributaria, e non ser debedor do Concello de Teo por calquera tipo de débeda de dereito público vencida, líquida e esixible por vía de prema.

• Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas e percibidas con anterioridade dende o Concello de Teo, así como non ter aberto ningún procedemento de reintegro das cantidades percibidas por algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

• Achegar coa solicitude para concorrer na convocatoria a documentación que se detalla nestas bases reguladoras.

3) Os beneficiarios das axudas adquiren as seguintes obrigas:

• Realizar as actividades ou proxectos e cumprir os fins ou propósitos que fundamentan a concesión da subvención, e acreditar mediante a memoria correspondente a súa realización.

• Comunicar o inicio ou celebración das actividades subvencionadas con anterioridade a súa celebración, así como calquera cambio que se faga en actividades subvencionadas en canto a horario, frecuencia, ou outra alteración substancial da mesma.

• Facer constar en toda a publicidade e difusión das actividades e programas subvencionados a colaboración do Concello de Teo.

• Cumprir as condicións que se determinan nestas bases e na concesión da subvención ou axuda.

• Someterse ás actuacións de comprobación dos servizos correspondentes por razón da materia e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral do Concello de Teo.

• Comunicarlle ó Concello de Teo a obtención de axudas ou subvencións para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración pública ou de particulares ou entidades privadas, así como doutros ingresos ou recursos que financien a actividade.

Non poderán ter a condición de beneficiarios aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias enumeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.

3ª.-ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables as seguintes actividades realizadas dentro do territorio do concello de Teo no ano 2022:

• De tipo físico: ximnasia, ioga, pilates, aerobic, etc.

• De ocio e tempo de lecer que promovan espazos de convivencia e encontro a través de obradoiros de traballos manuais, restauración, música, lectura, danza, risoterapia, etc.

• De tipo formativo e informativo á colectividade: obradoiros de xogos tradicionais, conferencias, coloquios, etc.

• De actividades de interese patrimonial, medio ambiental ou de rutas.

• Celebracións tradicionais como magostos, cacharelas, entroido, etc. Estas actividades dederán ser en aberto, e incluiranse na memoria os ingresos pola venda de productos

En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

• As viaxes e os gastos de comidas ou restauración.

• Premios de concursos, nin de sorteos.

• Os establecidos no artigo 31.7 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

4ª.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1) A solicitude normalizada da convocatoria (Anexo I) xunto coa documentación que se recolle na base anterior deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Teo, que irá acompañada dos seguintes documentos:

a) Documento asinado polo/a representante da entidade facendo constar as actividades programadas e as prazas para cada unha. (AnexoII)

b) Copia cotexada do CIF, so necesaria no caso de non estar depositada no concello.

e) Certificación bancaria da conta onde se efectuarán os pagamentos. No caso de non tela depositado con anterioridade ou de ter cambiado.

f) Declaración xurada conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003. Esta declaración esta incluída no anexo I.

No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de 10 días para a súa corrección, arquivándose sen máis trámites de non se emendaren os defectos en dito prazo.

2) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A convocatoria de subvencións farase pública no taboleiro de edictos do Concello.

As solicitudes deberán presentarse a través da sede teo.gal no apartado de subvencions, axudas e premios.

De conformidad co disposto no artigo 24 do RD 887/2006, de 21 de xullo , os certificados de atoparse ao corrente con Facenda e a Seguridade Social poderán substituirse por unha declaración responsable cando o importe da subvención non supere os 3.000€. O solicitante neste punto deberá comprometerse a manter o seu cumprimento durante o periodo de tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio.

Por outra parte, o solicitante poderá conceder autorización ao concello para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación de atoparse ao corrente con Facenda e coa Seguridade Social a través de certificados telemáticos, en cuxo caso o solicitante non deberá aportar a correspondente certificación.

5ª.-IMPORTES MÁXIMOS DAS SUBVENCIÓNS

En ningún caso o importe máximo da subvención de cada solicitante superará o 60% do orzamento da entidade ou asociación para as actividades obxecto da solicitude. Cada entidade indicara o importe máximo que poderá xustificar para esta subvención, non podendo concederlle un importe superior.

O importe da axuda ou subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que illada ou en concorrencia con outras axudas ou subvencións supere o custo da actividade subvencionada.

A concesión da subvención non xerará ningún dereito á súa percepción en futuras convocatorias.

Ningunha entidade poderá obter unha subvención superior ao 25 % da contía global.

6ª.-ÓRGANO COMPETENTE E PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

As solicitudes dirixiranse á Concelleiro delegado de Benestar nos prazos indicados nas presentes Bases. Os servizos sociais comunitarios serán o órgano competente para a instrución do procedemento, así como para a realización de cantas actuacións estimen necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que debe pronunciarse a resolución.

As valoracións das solicitudes e a formulación das correspondentes propostas de concesión de subvencións realizaraas unha Comisión de Valoración constituída para o efecto, que terá a seguinte composición:

• Presidente: A concelleiro da área de Benestar

• Un/unha técnico/a da área de Benestar.

• Concelleira de Igualdade

A comisión será o encargada de requirir dos solicitantes a emenda de deficiencias nas solicitudes presentadas. Ademais elaborará un informe de cada unha das solicitudes presentadas no que se fará constar:

- Nome da entidade e contía máxima da subvención á que opta.

- Se está ou non completa a documentación do expediente, con expresión da data da finalización do prazo de presentación, no seu caso

- Se cumpre os requisitos da convocatoria, con indicación expresa dos que non cumpra de ser o caso.

Esta Comisión elevará unha proposta de concesión á Xunta de Goberno Local previo informe da Intervención municipal. A Xunta de Goberno Local será o órgano competente para a adopción do acordo de concesión de subvencións. Este acordo esgotará a vía administrativa.

Podes descargar aquí os anexos desta convocatoria.

Publicado en teo.gal o 29 de agosto de 2022.