O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Subvencións a entidades para o fomento da igualdade

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PARA O FOMENTO DA IGUALDADE

O Bop número 177 do venres 16 de setembro publica as bases da Convocatoria de Subvencións a entidades para o fomento da igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero para 2022.

OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria está dirixida a subvencionar programas e actividades que persigan o fomento da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e loita contra a violencia de xénero organizadas ou promovidas por asociacións veciñais de igualdade e benestar durante ano 2022, con cargo á partida 230/480.00 do Orzamento de 2022, por un importe total de 3.000 euros.
 

BENEFICIARIOS/AS
1.-Serán beneficiarias as asociacións veciñais, de igualdade ou de benestar con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo que desenvolvan actividades que para esta convocatoria entenderanse:
Promoción da igualdade entre homes e mulleres,
• Actividades de sensibilización e fomento da igualdade de oportunidades e trato entre mulleres e homes.
• Obradoiros en materia de igualdade, coeducación e prevención da violencia de xénero.
• Actividades que fomenten a corresponsabilidade familiar e o cambio de condutas en materia de conciliación, responsabilidade doméstica e de coidado.
• Accións relacionadas coa saúde da mulleres e o seu benestar xeral: obradoiros, charlas, cursos ou conferencias sobre hábitos de vida saudables; detección precoz de enfermidades; trastornos da alimentación; relacións afectivo-sexuais; autoestima e imaxe corporal; fomento da práctica de actividades físicas...

Formación en linguaxe non sexista.

Campañas a prol do xoguete non sexista. Actividades de sensibilización sobre os efectos dos xoguetes sexistas nos nenos e nas nenas.

Accións de apoio ao aleitamento materno.
Actividades de información e sensibilización sobre roles e estereotipos de xénero, a súa repercusión na vida de
mulleres e homes no espazo público e privado.
Accións sobre educación na igualdade, dereitos, servizos e recursos para as mulleres.
Actividades para facer visible o papel das mulleres na historia, na arte, literatura, política, ciencia, deporte...
Actividades que promovan a participación dos homes de todas as idades na consecución da igualdade real.
Prevención e loita contra a violencia de xénero:
Actividades de formación/información, sensibilización e prevención da violencia de xénero: obradoiros de formación na violencia de xénero; actos ou campañas de sensibilización; actos conmemorativos do 22 de febreiro, Día internacional da muller e a nena na ciencia; 8 de marzo, Día Internacional da muller traballadora; 25 de novembro Día internacional para combater a violencia de xénero...
Calquera outra acción dirixida á erradicación da violencia de xénero.
Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubitada respondan á natureza das actividades
subvencionadas (campañas, cursos, talleres, xornadas, seminarios, obradoiros, charlas, publicidade) e sexan realizados durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2022.

Consulta as bases completas da convocatoria premendo aquí

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude normalizada da convocatoria (Anexo I) xunto coa documentación que se indicada, deberán presentarse, seguindo o artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medios electrónicos. A presentación de toda a documentación deberá facerse na sede electrónica do Concello de Teo (http://sede.teo.gal). De igual forma, esta obriga de presentación electrónica mantense durante toda a tramitación do expediente.
A documentación que acompañará á solicitude podes consultala nas bases premendo aquí

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Dado que a publicación se fixo o 16 de setembro o prazo de presentación de solicitudes esténdese dene o 17 ao 26 de setembro (ambos incluídos).
No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de 5 días naturais para a súa corrección, arquivándose sen máis trámites de non se emendaren os defectos en dito prazo.
A convocatoria de subvencións farase pública no taboleiro de edictos do Concello.

 

Arquivos
Attachment Size
subvencions_igualdade.pdf 217.87 KB