SERVIZO DE TELEFONÍA FIXA E MÓBIL ASÍ COMO AS LIÑAS DE DATOS PARA ACCESO A INTERNET E A CREACIÓN E MANTEMENTO DAS INFRAESTRUTURAS NECESARIAS PARA A CORRECTA PRESTACIÓN DO SERVIZO

Data presentación
Data presentación fin

Faise público que a mesa de contratación reunirase o vinderio mércores día 9 de maio de 2018, ás 09:45 horas, para proceder á apertura dos sobres C "Proposición económica e demais criterios avaliables automaticamente" nas dependencias municipais en acto de carácter público.

Publicado no Pefil do Contratante o día 7 de maio de 2018

 

A mesa de contratación na súa reunión do día de hoxe acordou que se realizará a apertura dos sobres B "Criterios dependentes dun xuízo de valor", o día 26 de abril de 2018, ás 09:20 horas nas dependencias municipais.

Publicado no Perfil do Contratante o día 25 de abril de 2018.

 

Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de conformidade cos pregos que rexen a contratación, a mesa de contratación estará constituída do modo seguinte:

Presidente: alcalde ou concelleiro que legalmente o substitúa.

Vogais:

- D.ª Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello de Teo.

- D.ª Mónica Lado Varela, interventora do concello de Teo.

- D. Ignacio Soto González, arquitecto do concello de Teo.

- D.ª Concepción García Vázquez, concelleira de administración, transportes, comercio, turismo e emprego.

- D. Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo mixto.

Secretaria: Sandra M.ª García Chenlo, adxunta á secretaría do concello de Teo.

No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunións desta, serán substituídos polos suplentes que se indican: a secretaria e a interventora polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; o arquitecto municipal por D. Luis Javier Castro Martínez, arquitecto técnico municipal; a concelleira de administración, transportes, comercio, turismo e emprego, por D. Xurxo Francos Liñares, concelleiro de servizos básicos e a secretaria da mesa, por un/unha funcionario/a municipal.

 

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a cualificación das proposicións presentadas o día 25 de abril de 2018, ás 09:30 horas nas dependencias muncipais.

 

Publicado no Perfil do Contratante o día 19 de abril de 2018.

 

NOTA INFORMATIVA: De conformidade coa correción de erros publicada no DOG e no BOP do día 28 de marzo de 2018, prazo de presentación de proposicións remata o día 12 de abril de 2018.

Publicado no Perfil do Contratante o día 11 de abril de 2018

 

Publicada a correción de erros no DOG nº 62 do 28 de marzo de 2018 e no BOP nº 60 do mesmo día, ábrese un novo prazo de presentación de proposicións de quince días naturais contados desde o día 28 de marzo de 2018.

Publicado no Perfil do Contratante o día 28 de marzo de 2018.

 

CORRECCIÓN DE ERROS:

Por Resolución da Alcaldía do 23 de marzo de 2018 (res. 272/2018) acordouse corrixir o erro material detectado no apartado 4.1 do prego de prescricións técnicas do “Servizo de telefonía fixa e móbil así como liñas de datos para acceso a internet e creación e mantemento das infraestruturas necesarias para a correcta prestación do servizo” (Expte.: S-1/2018) de xeito que onde dí “Casa común de Rarís 100Mb/10Mb”, debe dicir “Casa Común de Rarís 3Mb/0,1Mb”.

 

Así mesmo, corríxese o erro material detectado no Anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación do servizo referido, de xeito que onde dí “Casa común de Rarís 100Mb”, debe dicir: “Casa común de Rarís 3Mb”, e onde dí “Casa común de Rarís 10Mb” , debe dicir: “Casa común de Rarís 0,1Mb”.

 

O presente anuncio de corrección será publicado no Boletín Oficial da Provincia, no Diario Oficial de Galicia e Perfil do contratante do Concello de Teo, abrindo novo prazo de 15 días naturais desde a publicación do último anuncio a efectos da presentación de ofertas.

 

Teo, 23 de marzo de 2018

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

 

Pode consultar o anuncio completo premendo aquí.

 

Publicado no Perfil do Contratante o día 23 de marzo de 2018

 

 

Comunícase que serán tidas en conta tanto as ofertas presentadas no segundo prazo de presentación como aquelas que se presentasen no primeiro prazo e non fosen retiradas, sempre e cando non houbese duplicidade de presentación por parte dalgunha empresa en cuxo caso, sería excluída do procedemento por aplicación do artigo 145.4 do Real Decreto Lexislativo 3/2011 polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 27 de febreiro de 2018 acordou aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de valoración, para a adxudicación do servizo de TELEFONÍA FIXA E MÓBIL, LIÑAS DE DATOS PARA ACCESO A INTERNET E CREACIÓN E MANTEMENTO DAS INFRAESTRUTURAS NECESARIAS PARA A CORRECTA PRESTACIÓN DO SERVIZO, de acordo coas seguintes características:

  • Entidade adxudicadora:

  • Organismo: Concello de Teo

  • Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral

  • Número de expediente: S-2/2018

  • Obxecto do contrato: servizo de telefonía fixa e móbil, liñas de datos para acceso a internet e creación e mantemento das infraestruturas necesarias para a correcta prestación do servizo Código CPV: 64200000-8; 64210000-1; 64212000-5; 72400000-4.

  • Duración: tres anos, prorrogables por 1 ano máis.

  • Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación ordinaria, procedemento aberto con varios criterios de adxudicación.

  • Tipo de licitación:

  • Valor estimado do contrato: 198.347,11 €

  • Prezo base de licitación: 60.000,00 € anuais (49.568,78 € anuais máis 10.413,22 € anuais de IVE)

  • Clasificación e solvencia: ver cláusula 15.5º do prego de cláusulas administrativas particulares.

          Clasificación a efectos de solvencia: Grupo V; subgrupo 4; categoría 1

  • Garantías: definitiva do 5% do importe de adxudicación.

  • Obtención de documentación: Concello de Teo, teléfono 981815700, páxina web www.teo.gal

  • Presentación de ofertas: Rexistro do concello de Teo e lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/15; Oficina de Correos: comunicación do envío, por medio de oficina de correos, ao nº de FAX do Concello: 981809401, ou ben á dirección de correo electrónico: secretaria@teo.gal

  • Prazo de presentación de ofertas: 20 días naturais desde o seguinte á última publicación, no BOP ou no DOG.

  • Documentación a presentar: ver cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas.

  • Criterios de valoración:

  1. criterios subxectivos: ata un máximo de 30 puntos.
    1. Funcionalidades de calidade da solución de telefonía IP.
    2. Funcionalidades e calidade da solución WIFI.
    3. Funcionalidades e calidade da solución técnica de seguridade e adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade.
    4. Calidade da solución de telefonía móbil.
    5. Calidade do plan de execución do proxecto e formación.
  2. criterios obxectivos: ata un máximo de 70 puntos:

    1. proposición económica
    2. caudal de conexión a internet nas sedes do concello de Teo.
    3. Servizo WIFI en sedes WIFI.
    4. Servizo de Backup na nube.
  • Información adicional: secretaria@teo.gal

Teo, 27 de febreiro de 2018

O alcalde

Rafael C.Sisto Edreira

Publicado no BOP nº 43 do 2 de marzo de 2018, no DOG nº 45 do 5 de marzo e no Perfil do Contratante o mesmo día.