O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

SEGUROS DO CONCELLO DE TEO

| compartir:

FORMALIZACIÓN CONTRATO: formalizouse o contrato de servizo de “SEGUROS DO CONCELLO DE TEO”, dividido en catro lotes, entre as empresas adxudicatarias e o Concello de Teo, tal e como se detalla a continuación:

Lote nº 1.- Seguro de Responsabilidade Civil: CAJA DE SEGUROS REUNIDOS de Seguros y Reaseguros, S.A. (CASER), o día 27 de abril de 2017.

Lote nº 2.- Seguro multirisco sobre os edificios e instalacións municipais: REALE SEGUROS GENERALES, S.A., en data 26 de abril de 2017.

Lote nº 3.- Seguro de accidentes: MARKEL INTERNATIONAL INSURANCE COMPANY LIMITED, SUCURSAL EN ESPAÑA, en data 3 de maio de 2017.

Lote nº 4.- S eguro de vehículos e maquinaria agrícola do concello: AXA SEGUROS GENERALES, S.A., en data 27 de abril de 2017.

 

Publicado no Perfil de Contratante o día 5 de maio de 2017.

 

ADXUDICACIÓN: En data 5 de abril de 2017 ditáronse Resolucións da Alcaldía polas que se adxudicou o contrato de servizo de "SEGUROS DO CONCELLO DE TEO", dividido en catro lotes, como se detalla a continuación:

Lote nº 1.- Seguro de responsabilidade civil: CAJA DE SEGUROS REUNIDOS de Seguros y Reaseguros, S.A. (CASER), con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas e á súa oferta polo prezo de 8.876,35€ anuais, impostos engadidos.

Lote nº 2.- Seguro multirisco sobre os edificios e instalacións municipais: REALE SEGUROS GENERALES, S.A., con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas e á súa oferta polo prezo de 11.375,91€ anuais, impostos engadidos.

Lote nº 3.- Seguro de accidentes: MARKEL INTERNATIONAL INSURANCE COMPANY LIMITED, SUCURSAL EN ESPAÑA, con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas e á súa oferta polo prezo de 9.681,90€ anuais, impostos engadidos.

Lote nº 4.- Seguro de vehículos e maquinaria agrícola do concello: AXA SEGUROS GENERALES, S.A., con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas e á súa oferta polo prezo de 14.546,34€ anuais, impostos engadidos

 

Estando próximo a rematar o prazo de presentación de proposicións faise público que de acordo cos pregos de cláusulas adminsitrativas aprobados por Resolución da Alcaldía de data 10/10/2016, a mesa de contratación estará constituída do seguinte modo:
-Presidente: O alcalde do concello, ou concelleiro/a en quen delegue
-Vocais:
D.ª Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello.
D.ª Mónica Lado Varela, interventora do concello.
D.ª Concepción García Vázquez, concelleira de transportes, comercio, turismo e emprego.
D. Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo mixto.
-Secretaria: M.ª Pilar Sueiro Castro, adxunta á secretaría do concello.
No caso de que algún dos membros da Mesa non puidese asistir ás reunións, serán substituídos polos suplentes que se indican: a secretaria e a interventora polos/as funcionarios/as que legalmente as substitúan; a concelleira de transportes, comercio, turismo e emprego, D. Xurxo Francos Liñares, concelleiro de obras e servizos e a secretaria da mesa por D. Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos
 
Así mesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 28 de novembro, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.
 
A apertura do sobre B “Proposición económica e melloras” efectuarase o día 1 de decembro, ás 10:00 horas en acto público na Casa do Concello.
 
Publicouse no Perfil do Contratante o día 16 de novembro de 2016.

 

CORRECCIÓN DE ERROS:

Mediante Resolución da Alcaldía de 10/10/2016, (res.863/16) apróbase o expediente de contratación o expediente de contratación de SEGUROS DO CONCELLO DE TEO, mediante procedemento aberto, varios criterios de valoración, aprobándose así mesmo os Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán a contratación.

 

Publicada a licitación no BOP da Coruña de 17 de outubro de 2016 (BOP nº 196) e no perfil do contratante do concello de Teo na mesma data, detectáronse erros na cláusula 10 do Prego de cláusulas administrativas particulares, no apartado b) Proposta de melloras referida aos criterios de valoración, no subapartado 1.b, así como no Prego de prescricións técnicas, no cadro da cláusula 4.4, que recolle a flota de vehículos, e no apartado 4. a) Terceiros ampliado.- da cláusula 5, nos que quedou sen incluír un vehículo.

 

Por Resolución da Alcaldía do 25 de outubro de 2016 (res931/16) procedeuse á corrección dos mencionados erros.

 

O que se publica no BOP da Coruña e no Perfil de Contratante e faise constar que se abre de novo o prazo de presentación de proposicións que, de conformidade co establecido na cláusula 9 do Prego de cláusulas administrativas, será de 15 días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se cadrase sábado ou festivo entenderase prorrogado ao seguinte día hábil.

 

Publicado no BOP de data 7 de novembro de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día.

 

 

Por Resolución da Alcaldía do 10/10/16 aprobouse o expediente de contratación de SEGUROS DO CONCELLO DE TEO, mediante procedemento aberto, con varios criterios de valoración, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares e de condicións técnicas que rexerán a contratación, de acordo coas seguintes características:

 

1.–Entidade adxudicadora.

   a) Organismo: Concello de Teo.

   b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

   c) Número de expediente: S/04.16.

 

2.–Obxecto do contrato.

   a) Descrición do obxecto: Contratación de diversas pólizas de seguros para o Concello de Teo

   b) Duración do contrato: dous anos, contados dende a data da súa formalización, podendo ser  prorrogado un ano máis.

 

3.–Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

   a) Tramitación: ordinaria.

   b) Procedemento: aberto, varios criterios de valoración.

 

4.–Tipo de licitación.

   a) Presuposto base de licitación do contrato: 120.000 €, impostos engadidos.

   b) Valor estimado do contrato: 180.000,00 €, impostos engadidos.

 

5.–Garantías.

   a) Provisional: non se esixe.

   b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato.

 

6.–Obtención de documentación.

Concello de Teo-Secretaría Xeral.

Trav. da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo.

Teléfono 981 815700. Fax 981 809438.

Páxina web do Perfil de contratante: www.teo.gal

 

7.–Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

   a) Data e lugar de presentación: No rexistro xeral do Concello, de 9 a 14 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia en aplicación do establecido no artigo 159.2 do TRLCSP.

   b) Documentación a presentar.–A documentación presentarase en tres sobres pechados e asinados polo licitador:

     - Sobre “A”, subtitulado “Documentación administrativa”: conterá a documentación esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas.

     - Sobre “B”, subtitulado “Proposición económica e Melloras”, incluirá a documentación necesaria para valorar as ofertas realizadas polas empresas, mediante fórmulas matemáticas, e que será a seguinte : “a) a oferta económica de acordo co modelo establecido na cláusula 9 do Prego de cláusulas administrativas, e b) Memoria descritiva de cada póliza que engloba o contrato, na que se describirán as melloras e coberturas ofertadas de acordo co determinado do Prego de prescricións téncnicas.”

   c) Lugar de presentación:

     – Concello de Teo, Travesía da Ramallosa, 38. 15883 Teo.

 

8.–Apertura das ofertas.

O acto público celebrarase no lugar, data e hora que se sinale no Perfil de Contratante do Concello de Teo.

 

9.–Outras informacións.

Secretaría Xeral do Concello de Teo ou no Perfil de Contratante (www.teo.gal).

 

10.–Pregos.

Son de aplicación os pregos de cláusulas administrativas e de condicións técnicas aprobados pola Resolución da Alcaldía de data 10/10/16.

 

Teo, 10 de outubro de 2016.

O alcalde,

 

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicado no BOP do 17 de outubro de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día.

En prazo de presentación: 08/11/2016 - 22/11/2016