REURBANIZACIÓN DO NÚCLEO DE RIBAS, OZA. FASE I

Data presentación
Data presentación fin

En data 20 de novembro de 2017 adoptouse acordo da Xunta de Goberno Local pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo), da obra denominada “REURBANIZACIÓN DO NÚCLEO DE RIBAS, OZA FASE I”, Expediente núm. O-14/17, incluída no Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos  de competencia municipal (Plan Único de Concellos POS+2017) e  de acordo co seguinte cadro de características:

 

1.- Entidade adxudicadora: Concello de Teo

2.- Obxecto do contrato: REURBANIZACIÓN DO NÚCLEO DE RIBAS, OZA FASE I

3.- Expediente: O-14/17

4.- Tramitación e procedemento de adxudicación:  Tramitación ordinaria e procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo)

5.- Orzamento: 197.705,05€ máis 41.518,06€ de IVE (239.223,11€)

6.- Valor estimado do contrato: 197.705,05€

7.– Clasificación: Non se esixe

      Clasificación a efectos de acreditación da solvencia:

      Grupo G, subgrupos 3,4 e 5, categoría 2

      Grupo E subgrupo 1 categoría 2

8.- Garantía provisional: non se esixe.

9.- Garantía definitiva: 5% do prezo de adxudicación do contrato (IVE excluido)

10.- Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 600,00€

11.- Prazo de execución:  3 (tres) meses

12.- Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante(www.teo.gal)

13.- Presentación de proposicións: no Rexistro do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial ou no Perfil do contratante.

 

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo. Teléfono 981 815700. Fax 981 809401.

Teo, 5 de decembro de 2017

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicado no BOP nº 234 do 12 de decembro de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día.